miniatura|Bedřich Hrozný en 1915, co uniforme do exército autrohúngaro.
Bedřich Hrozný, nado en Lysá nad Labem o 6 de maio de 1879 e finado en Praga o 12 de decembro de 1952, foi un lingüista, orientalista e arqueólogo checo, que destacou por ser o primeiro en descifrar o hitita e a recoñecela como lingua indoeuropea.
Traxectoria Formación e primeiros estudos Nado en Lysá nad Labem, en Bohemia central, estudou hebreo e árabe en Kolin e en 1904 participou nalgunhas escavacións na Palestina setentrional. A continuación, especializouse en asirioloxía, linguas orientais e escritura cuneiforme na Universidade de Viena, onde foi profesor do 1905 ao 1919 ; .
O desciframento do hitita Chamado a filas na Primeira guerra mundial, tivo ocasión de estudar as taboíñas cuneiformes ata o daquela sen descifrar atopadas en Boğazköy, no asentamento que despois habería ser identificado como Ḫattuša, a capital do Imperio hitita. Aplicando o método combinatorio deu deducido, partindo dos ideogramas xa coñecidos, o senso das outras palabras que constituían unha determinada frase. Illou e descifrou así diferentes elementos, entre os que estaban unha desinencia -an con función de acusativo singular, unha raíz verbal ad- / eza- co significado de "comer", nas formas ezateni ("vós comeredes") e adanzi ("eles comerán"); vadar co significado de "auga"Francisco Villar, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, pp. 346-347..
A aplicación do método comparativo propio da indoeuropeística permitiulle inmediatamente a Hrozný establecer estreitas conexións entre a lingua que viña de descifrar, o hitita, e outras linguas indoeuropeas: ad- / eza- era inmediatamente comparábel co latín edo, ao alemán essen, ao checo jìsti; vadar ao inglés water, ao alemán Wasser, ao checo voda. A primeira frase descifrada por Hrozný en hitita foi unha fórmula litúrxica: «Agora vós comeredes pan, despois beberedes auga».
Os resultados dos seus estudos, publicados en 1917, revolucionaron a indoeuropeística e conduciron progresivamente ao abandono de diversos paradigmas elaborados pola disciplina no curso do século XIX, da reconstrución "greco-sanscritista" proposta pola escola neogramática alemá á existencia dunha isoglosa dialectal que tería dividido as linguas indoeuropeas en occidentais e orientais (isoglosa centum-satem).
A docencia en Praga Do 1919 ao 1952, ano da súa morte, Hrozný detentou a Cátedra de Historia do Oriente Antigo na Universidade Carolina de Praga, onde foi Reitor entre o 1939 e o 1940. En 1925 dirixiu unha expedición checoslovaca a Kültepe (a hitita Neš ou Kaneš), sempre en Anatolia, onde atopou un milleiro de taboíñas en asirio.
Obras Sumerisch-babylonische Mythen von dem Gotte Ninrag (Ninib), Berlín, Wolf Peiser, 1903 Obilí ve staré Babylónií, Vienna, Hölder in Komm., 1913 Die Lösung des hethitischen Problems in "Mitteilungen der Deutschen Orient-Gesellschaft" n° 56, pp. 17–50, 1915 Die Sprache der Hethiter, ihr Bau und ihre Zugehörigkeit zum indogermanischen Sprachstamm, Leipzig, J.C. Hinrichs, 1917. Agora en Dresde, TU Dresden, 2002 ISBN 3-86005-319-1 Hethitische Keilschrifttexte aus Boghazköi, in Umschrift, mit Übersetzung und Kommentar, Leipzig, J.C. Hinrichs, 1919 Über die Völker und Sprachen des alten Chatti-Landes. Hethitische Könige, Leipzig, J.C. Hinrichs, 1920 Keilschrifttexte aus Boghazköi, in "Autographien", Leipzig, J.C. Hinrichs, 1921, vol. V-VI. Agora en Osnabrück, Zeller, 1970 Les inscriptions hittites hiéroglyphiques: essai de déchiffrement; suivi d'une grammaire hittite hiéroglyphique en paradigmes et d'une liste d'hiéroglyphes, Praga, Orientální Ústav, 1933 Über die älteste Völkerwanderung und über das Problem der proto-indischen Zivilisation. Ein Versuch, die proto-indischen Inschriften von Mohendscho-Daro zu entziffern, Praga, 1939 Die älteste Geschichte Vorderasiens und Indiens, Praga, Melantrich, 1940-1943 Inscriptions cunéiformes du Kultépé, Praga, 1952, vol. I Ancient history of Western Asia, India and Crete, Nova York, 1953
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Indoeuropeística Indoeuropeo Lingua hitita Linguas anatólicas Linguas indoeuropeas Lingüística comparativa
Ligazóns externas
Categoría:Lingüistas da República Checa Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Orientalistas Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Nados na Bohemia Central Categoría:Alumnos da Universidade de Viena