El Agrario Barcalés foi un periódico agrarista de Negreira en lingua castelá. Publicouse de 1921 a 1928.

Historia e características Subtitulado Órgano de la Federación de las Asociaciones Agrarias del partido de Negreira e desde o número 6 Órgano de la Federación de las Asociaciones Agrarias del partido de Muros-Negreira, foi unha publicación agrarista que apareceu o 6 de setembro de 1921. Inicialmente era mensual, publicábase o primeiro domingo de cada mes, e desde o número 49 pasou a publicarse quincenalmente. Estaba dirixido por Manuel Ruso Alonso e Luís Pereiro González era o redactor-xefe. Colaboraron nel Uxío Carré Aldao, Antón Villar Ponte, Prado Lameiro, Avelino Rodríguez Elías, Manuel Bergueiro, Antonio Reino Caamaño e Salvador García-Bodaño Fernández. Incluía información sobre o agrarismo e a comarca da Barcala. Era partidario de José María Paramés candidato conservador a deputado pola circunscrición de Muros-Negreira. Mantivo polémicas con Hércules e Unión de Teo y Vedra. O último número coñecido é o 100, aparecido o 15 de outubro de 1928.El Despertar Gallego, 6-1-1929, p. 5.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Negreira Categoría:Prensa agraria Categoría:1921 en Galicia