Xoán Vidal Martínez, nado na parroquia de Salcedo (Pontevedra) o 29 de marzo de 1904 e finado na mesma vila o 19 de xuño de 1994, foi un mestre e poeta galego.

Traxectoria Fillo de Juan Vidal Lino, estudou para mestre e traballou a prol do ensino en galego con Antón Iglesias Vilarelle. Foi fundador, xunto con Castelao e outros, do Partido Galeguista de Pontevedra, do que chegou a ser presidente. Máis adiante, o partido integrouse no Partido Galeguista.

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi represaliado, e abandonou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre. En 1946 asentouse coa súa dona en Ares e foi mestre da Alianza Aresana (1946-1969). En 1969 marchou ás Illas Canarias e exerceu no Colexio Ramón y Cajal de Santa Cruz de Tenerife, no que se xubilou aos 65 anos.

Vida persoal Era irmán da tamén poeta Aurora Vidal Martínez. Casou en Poio en 1933 coa mestra Aurora Caramés Monteagudo, filla de José María Caramés Durán.El Pueblo Gallego, 27-6-1933, p. 14. Tiveron tres fillos e cinco fillas, entre elas as tamén escritoras Aurora e Clementina Vidal Caramés.Xoán Vidal , na web Xenealoxía.

Obra Colaborou en La Raza e publicou poemas en Vida Gallega. Xunto a Modesto Bará Álvarez fundou a revista Hebe. Amais, fundou as revistas literarias de corte nacionalista Alborada e Cristal (1932-33), xunto a Xosé María Álvarez Blázquez.

Como poeta, pertenceu á xeración do 25, xunto a Luís Amado Carballo e Álvarez Blázquez. Publicou catro obras: Mágoas, 1921. Alcor, 1927. Los senderos inútiles, 1956. Voz y memoria (Antología poética), 1986.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en www.poesiagalega.org

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1994