Miguel Ángel de las Cuevas Barberá, nado en Alacant o 19 de xuño de 1986, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Córdoba CF.

Traxectoria En xuño de 2009 produciuse a súa contratación polo Real Sporting de Gijón para as seguintes catro tempadas. Na primeira delas, disputou 37 partidos de liga nos que marcou un total de 8 goles e foi determinante para a permanencia do equipo asturiano en Primeira División. Na campaña 2010–11 marcou o gol que deu a vitoria ao Sporting no Santiago Bernabéu ante o Real Madrid, terceira na historia dos branquivermellos e que puxo fin, ademais, á racha de 150 partidos consecutivos sen perder como local encadeados polo adestrador branco José Mourinho en competición de liga.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Alacant Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Hércules CF B Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Spezia Calcio Categoría:Xogadores do Córdoba CF