A aliteración é un recurso estilístico do compoñente métrico-fonolóxico. Consiste na repetición no plano fónico, dado pola combinación repetida e expresiva de certos sons iguais ou afíns ó longo dun verso, estrofa ou poema. Segundo o fonema repetido pode ser consonántica ou vocálica. Ao mesmo tempo, pode ser eufónica se o resultado da repetición é harmónica e cacofónica cando o resultado é desagradábel. A retórica clásica sinalou os seguintes tipos de aliteración: iotacismo, repetición de /i/, lambadacismo, repetición de /l/, mitacismo, repetición de /m/ e polisigma cando son repetido é /s/.
Etimoloxía A aliteración (do latín alliteratio, de ad- e littĕra letra) é un termo introducido a principios do século XVI polo humanista italiano Giovanni Pontano. Nos manuais antigos e medievais empregábase preferentemente o étimo homoeoprophoron (do grego ὁμοιοπρόφορον).
Exemplos En "Un repoludo gaiteiro" (Cantares Gallegos, Rosalía de Castro): Obsérvese a presenza de oclusivas en sílaba tónica
Un repoludo gaiteiro, de pano sedán vestido, como un príncipe cumprido cariñoso e falangueiro
En "Un repoludo gaiteiro" (Cantares Gallegos, Rosalía de Castro): sempre con poxante brío co tambor se acompasaba
En "Penélope perde novelo nove" de Álvaro Cunqueiro: Pende en que pende Penélope pensativa perde novelo nove novamente canto
En "Nocturnio" de Curros Enríquez, presenza de oclusivas: Da aldea lexana fumegan as tellas detrás dos petoutos vai póndose o sol retornan pros eidos coa noite as ovellas tiscando nas beiras o céspede mol
"Balada do vello mariñeiro" (Samuel Taylor Coleridge)
: The fair breeze blew, the white foam flew, The furrow followed free; We were the first that ever burst Into that silent sea.
Love's Labours Lost (William Shakespeare) Arma virumque cano, Troiae qui primus ab oris (Virxilio) Maria Mater Misericordiae <center>Sancte sator, suffragator Legum lator, largus dator Veni, vidi, vici. (Xulio César)
Véxase tamén Outros artigos Literatura Fonosimbolismo Onomatopea Paronomasia
Categoría:Retórica e figuras da lingua