José Juncal Verdulla, nado en Pontevedra o 4 de decembro de 1869 e finado en Barcelona o 20 de xuño de 1961Necrolóxica en La Vanguardia, foi un empresario, pedagogo, xornalista e escritor galego. Traxectoria Empresario de pesca en Marín. Republicano lerrouxista, como xornalista fundou El Grito del Pueblo, dirixiu La Unión Republicana, La Acción e La Libertad e colaborou en El Combate, El Progreso e Galicia en Cataluña (Barcelona). Casado con Amelia Lerroux, irmá de Alejandro Lerroux, por motivos políticos estableceuse en Barcelona en 1910. Foi director da Escola de Maxisterio de Barcelona e presidente do Centro Galego de Barcelona, baixo o seu mandato a entidade meteuse de cheo na política radical, ata o punto de acabar actuando como un apéndice daquel partido. Foi o primeiro presidente da Federación de Casas regionales de Barcelona, colectivo fundado en 1929. Foi concelleiro e tenente de alcalde de Barcelona. Nomeado embaixador en Portugal en outubro de 1933, continuou no cargo ata febreiro de 1936, sendo substituído por Claudio Sánchez Albornoz.
Obras Elementos de ciencia gramatical de la lengua hispanoamericana, 1912 e 1914. La cuestión pedagógica en España, 1923. Vida persoal
Casou en Madrid con Amelia Lerroux García en agosto de 1907,La Libertad, 25-8-1907, p. 2. e foi pai de Manrique e Amelia Juncal Lerroux. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Embaixadores de España en Portugal Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1961