Carlos Marcos Blanco, nado na Coruña o 6 de agosto de 1961, é un político galego.

Traxectoria É licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela.Ficha na web de UC . Nos anos 80 fundou Unión Coruñesa, partido que non acadou o apoio necesario para entrar no Concello da Coruña como concelleiro. Nesa mesma época fundou a revista Estilo Galicia e competiu en rallys como copiloto de José Mora, disputando o Campionato de España de Rallys de Terra e quedando cuarto en 1990.

No ano 2007 preséntase como cabeza de lista na Coruña do Partido Galeguista ás eleccións municipais, e non obtén representación no concello. Despois deste fracaso, aliouse co ex-concelleiro do PP Fernando Rodríguez Corcoba, que tamén se presentara sen éxito como independente ás eleccións municipais, para reflotar Unión Coruñesa, unha formación local de dereitas que xa cofundara canda José González Dopeso.

É defensor do emprego do topónimo La Coruña, contrario á Lei de normalización lingüística Propondremos la eliminación de la Concejalía de Normalización Lingüística y pediremos la creación de la Concejalía de Normalidad Lingüística en La Coruña , entrevista en Xornal de Galicia o 6 de abril de 2011. e á Lei de memoria histórica de España.(...) Creo que en los movimientos organizados de las asociaciones de memoria histórica hay mucho rencor, mucho odio y poca concordia.

Denunciou o proxecto Wikipedia perante un xuíz por cualificar a súa formación política de xenófoba e ultradereitista.Carlos Marcos denunciará a Wikipedia por llamarle ultraderechista y xenófobo, en La Opinión o 2 de xuño de 2009. En 2018 afiliouse a Vox.

Vida persoal Está casado e ten tres fillos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en RadioVoz en marzo de 2011. . Perfil de Carlos Marcos en ewrc-results.com .

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1961 Categoría:Copilotos de rally de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes