O Galiza Black Towers foi un equipo galego de fútbol americano, que xogaba os seus partidos como local no campo de fútbol de Cacheiras, en Teo.

O equipo naceu en xullo de 2009 como resultado da unión de dous equipos anteriores, o Coruña Towers e Teo Black Thunder. O obxectivo desta fusión foi xuntar un equipo forte para participar na primeira edición da Liga Portuguesa de Fútbol Americano acabada de crear. Os xogadores coruñeses e teenses adestraban por separado durante a semana, e os sábados uníanse para adestrar en Cacheiras.

Durante 3 anos competiu na LPFA. No seu primeiro ano rematou 3º (entre 5 equipos) con 4 vitorias e 3 derrotas. No segundo ano rematou 4º (entre 6 equipos) con 3 vitorias e 3 derrotas. No terceiro ano rematou 6º (entre 7 equipos) con 1 vitoria e 5 derrotas.

A unión chegou o seu fin en 2012, ano no que varios dos ex xogadores do club fundaron o Santiago Black Ravens co obxectivo de poder seguir competindo na liga portuguesa en 2013. Outros optaron por continuar nos proxectos orixinais, Coruña Towers e Teo Black Thunder (como sección do Club San Francisco de Teo).

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre os Black Towers Artigo en PrimerDown.com

Categoría:Equipos desaparecidos de fútbol americano‎ Categoría:Equipos de fútbol americano de Galicia

Categoría:Teo