O IFK Göteborg, oficialmente Idrottsföreningen Kamraterna Göteborg (Asociación de deportes Os Amigos), é un equipo de fútbol sueco da cidade de Gotemburgo. Foi fundado en 1904 e xoga na primeira categoría do país, a Allsvenskan. O equipo gañou 18 ligas, 4 títulos de copa e dous Copas da UEFA.

Historia O IFK Göteborg é o único equipo sueco que gañou unha competición europea, a Copa da UEFA en 1982 e 1987. Foi a época máis exitosa na historia do club, que chegou ademais a disputar as semifinais da Copa de Europa en 1986, nas que caeu na quenda de penaltis fronte ao FC Barcelona logo de partir cunha vantaxe de tres goles na ida, na volta Pichi Alonso fixo un hat-trick que igualou a eliminatoria.

Neste club comezou a exitosa carreira como adestrador de Sven-Göran Eriksson, aínda que adestrara anteriormente a outro equipo, foi no IFK Göteborg onde conseguiu os seus primeiros éxitos (3 ligas consecutivas e 1 Copa da UEFA) ademais de participar durante varios anos consecutivos na UEFA Champions League, a mediados dos anos 1990, con certo éxito.

Especial atención mereceu a Liga de Campións 1994-95, onde o equipo sueco terminou líder do seu grupo, superando ata ao FC Barcelona de Johann Cruyff (gañou no Ullevi 2-1 e logrou un meritorio empate, 1-1, no Camp Nou). Con todo, caeu eliminado en cuartos de final ante o Bayern de Múnic, equipo que pasou a semifinais sen gañar ao IFK na rolda (os dous partidos saldáronse con empates, 0-0 e 2-2, pasando os bávaros polo dobre valor dos tantos logrados fóra de casa). É o maior éxito que cultivou o IFK na UEFA Champions League, xa que só perderon un só partido en toda a competición, o primeiro, en Old Trafford ante o Manchester United.

Palmarés

Torneos nacionais

Campionato Sueco (18): 1908, 1910, 1918, 1934-35, 1941-42, 1957-58, 1969, 1982, 1983, 1984, 1987, 1990, 1991, 1993, 1994, 1995, 1996, 2007 Allsvenskan (13): 1934-35, 1941-42, 1957-58, 1969, 1982, 1984, 1990, 1991, 1993, 1994, 1995, 1996, 2007 Mästerskapsserien (1): 1991 Allsvenskan play-off (5): 1982, 1983, 1984, 1987, 1990 Svenska Serien (5): 1912-13, 1913-14, 1914-15, 1915-16, 1916-17 Fyrkantsserien (2): 1918, 1919 Svenska Mästerskapet (3): 1908, 1910, 1918 Svenska Cupen (4): 1978-79, 1981-82, 1982-83, 1991

Torneos internacionais Copa da UEFA (2): 1981-82, 1986-87 Royal League (1): 2004-05 Copa Intertoto (8): 1967, 1980, 1981, 1982, 1983, 1985, 1986, 1988

Torneos amigables Copa Sanwa Bank (1): 1996

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial Sitio oficial de afeccionados

Goteborg Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1904