Thomas Arthur Steitz, nado o 23 de agosto de 1940 en Milwaukee, Wisconsin, é un Sterling Professor (é o grao académico máis alto na Universidade Yale) de Biofísica e Bioquímica Molecular no Instituto Médico Howard Hughes da Universidade Yaleen New Haven, Connecticut, Estados Unidos. Steitz foi galardoado co Premio Nobel de Química en 2009 xunto con Venkatraman Ramakrishnan e Ada Yonath polo estudo da estrutura e función do ribosoma.2009 Nobel Prize in Chemistry, Nobel Foundation. Traxectoria Steitz tamén gañou o Premio Internacional Gairdner en 2007Tom Steitz , Thomas Steitz Lab. polos seus estudos sobre a estrutura e función do ribosoma, que mostrou que a peptidil transferase era unha reacción catalizada polo RNA, e por revelar o mecanismo de inhibición desta función polos antibióticos.Thomas A. Steitz , The Gairdner 50 Foundation.
Steitz estudou química no Lawrence College e recibiu un doutoramento en Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Harvard en 1966. Está casado con Joan A. Steitz, tamén profesor de Biofísica e Bioquímica Molecular de Yale.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2009 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2009 Perfil de Thomas A. Steitz en NNDB
Categoría:Biofísicos Categoría:Bioquímicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en Milwaukee, Wisconsin Categoría:Nados en 1940 Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Membros estranxeiros da Royal Society