1991: The Year Punk Broke é un documental do ano 1992 dirixido por Dave Markey que amosa a unha serie de bandas estadounidenses de xira por Europa no ano 1991. O documental céntrase no grupo de rock alternativo Sonic Youth, pero tamén lle presta atención a Nirvana, Dinosaur Jr., Babes in Toyland, Gumball e Ramones. Tamén aparecen no filme Mark Arm, Dan Peters e Matt Lukin de Mudhoney, Courtney Love e Joe Cole, roadie de Black Flag e Rollins Band, que foi asasinado nun roubo tres meses despois de que a xira rematase. O ducumental está adicado a el.

Nunha proxección do filme no festival All Tomorrow's Parties en Monticello, Nova York, Markey dixo que o título inicial do traballo ía ser "Tooth or Hair", un xogo de palabras co documental de Madonna Truth or Dare.

En setembro do ano 2011 o documental foi re-editado en DVD. As súas imaxes foron restauradas co son sincronizado novamente en estéreo PCM sen comprimir, baixo a supervisión de Sonic Youth. Esta inclúe tamén ao redor de 50 minutos extra de imaxes con varias actuacións ao vivo, unha rolda de prensa onde parte dos protagonistas da cinta falan da súa elaboración 12 anos despois do lanzamento orixinal, unha edición alternativa do tema "Teenage Riot" e o trailer do documental.

Listaxe de temas Edición orixinal "Schizophrenia" - Sonic Youth "Negative Creep" - Nirvana "Brother James" - Sonic Youth "School" - Nirvana "Teenage Riot" - Sonic Youth "Freak Scene" - Dinosaur Jr. "Dustcake Boy" - Babes in Toyland "Dirty Boots" - Sonic Youth "Endless, Nameless" - Nirvana "I Love Her All the Time" - Sonic Youth "Pre" - Gumball "The Wagon" - Dinosaur Jr. "Mote" - Sonic Youth "Smells Like Teen Spirit" - "Commando" - Ramones "Kool Thing" - Sonic Youth "Polly" - Nirvana "Expressway to Yr Skull" - Sonic Youth

(This Is Know As) The Blues Scale Baixo este título a edición en DVD amósanos 40 minutos de material extra no que poden escotarse os seguintes temas:

"Inhuman" - Sonic Youth "White Kross" - Sonic Youth "Orange Rolls, Angels Spit" - Sonic Youth "In Bloom" - Nirvana "Eric's Trip" - Sonic Youth "Chapel Hill" - Sonic Youth

Ademais do anterior, o DVD conten ao redor de 6 minutos de metraxe en bruto, acompañadas polos temas de Sonic Youth "Mote" e "Flower".

Datas da xira O filme ten lugar ao longo da xira europea de 1991 de Sonic Youth e Nirvana. As datas da xira, que aparecen ao principio do documental, son as seguintes: Data Cidade País Sala/Festival20 de agosto de 1991Corkcenter|25pxIrlandaSir Henry's21 de agosto de 1991DublínTop Hat23 de agosto de 1991Readingcenter|25pxReino UnidoFestival de Reading24 de agosto de 1991Coloniacenter|25pxAlemañaMonsters of Spex Festival - Tanzbrunnen 25 de agosto de 1991Hasseltcenter|25pxBélxicaPukkelpop27 de agosto de 1991Bremencenter|25pxAlemañaÜberschall 91 - Aladin Music Vestíbulo28 de agosto de 1991HalleEasy Schorre29 de agosto de 1991StuttgartLonghorn Country & Western Saloon30 de agosto de 1991Nuremberg Serenadenhof1 de setembro de 1991Rotterdamcenter|25pxPaíses BaixosEin Abend In Wien - De Doelen

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Documentais Categoría:Vídeos musicais Categoría:Rock alternativo Categoría:Grunge Categoría:Sonic Youth Categoría:Filmes ambientados en 1991