dereita|miniatura|Ana Romero Masiá, na Fundación Luís Seoane na xornadas Centenario de Manuel Murguía 1923-2023. Ana María Romero Masiá, nada en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1952, é unha historiadora e profesora galega.Ficha da autora en Baía Edicións

Traxectoria Fixo a licenciatura de Historia Antiga e Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente fixo o seu doutoramento en Historia na Universidade da Coruña. Traballou ata a súa xubilación como Catedrática de Xeografía e Historia no IES Monte das Moas da Coruña, do que foi directora en 2012.

Durante a década dos 80 foi a arqueóloga encargada das escavacións do castro de Borneiro.Un balneario castreño en Bergantiños La Voz de Galicia, 9/3/2011

En 2022 nomeárona membro correspondente da Real Academia Galega e desde 2023 preside o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.

Vida persoal Estivo casada con Xosé Manuel Pose Mesura, catedrático de latín no ensino secundario e delegado do goberno en Galicia.

Obra Libro de Sociais de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO Catalogación arqueolóxica da ría de Ferrol (1986). A Coruña : Padroado do Museu Arqueolóxico Provincial. ISBN 84-505-3915-3 (en colaboración con Xosé Manuel Pose Mesura). Castro de Borneiro: campañas 1983-84 (1987). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN  84-505-5078-5 Galicia nos textos clásicos (1988). A Coruña: Padroado do Museu Arqueolóxico Provincial, 1988.  ISBN 84-505-7380-7 (en colaboración con Xosé Manuel Pose Mesura). A fábrica de tabacos da Palloza: producción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas (1997). A Coruña: Federación de Alimentación, Bebidas e Tabacos de Galicia, UGT. ISBN 84-605-6245-X Salgadeiras e conserveiras de pescado en Galicia: evolución histórica e o traballo das mulleres (2000). A Coruña: Federación de Alimentación, Bebidas e Tabacos de Galicia UGT. ISBN 84-607-0242-1 (en colaboración con José Alfeirán Rodríguez). Historia contemporánea e cine. Modelos de aproveitamento didáctico (2004). A Coruña: Baía. ISBN 84-96128-72-5 (en colaboración con José Alfeirán Rodríguez). O orballo da igualdade: asociacionismo feminino progresista na cidade da Coruña (2005). A Coruña: Baía. ISBN 84-96526-01-1 (en colaboración conCarlos Pereira Martínez) A Coruña liberal, 1808-1874 a loita polas liberdades a través da documentación municipal (2005). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96526-00-3 María Barbeito (2014). Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970). (2014). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-9995-141-6 Mercedes Tella Comas (1868-1934). (2022). A Coruña: Baía. Obras colectivas Itinerarios naturais: A Frouxeira (1979). Historia do Mundo Contemporáneo. Textos escollidos (1986) Historia do Mundo Contemporáneo. Guía do curso (1987) Traballos prácticos de Xeografía (1987). A Historia das civilizacións a través do cine (1989). Historia do Mundo Contemporáneo. Guía da Revolución Francesa (1989) A Coruña romana (1989). Ferrol a través dos textos literarios e históricos (1990, reed. 1995) Castelao, ilustrador de "El cuento semanal" (1992). Diccionario de termos de Arqueoloxía e Prehistoria (1995). A Coruña na época da Ilustración. 1700-1808 (1997). A Coruña: evolución urbanística. Planos e imaxes (1997). Republicanismo coruñés. Aproximación histórica e selección documental. 1868-1936 (2001). Germinal. Centro de Estudios Sociais (Cultura obreira na Coruña, 1902-1936( 2003). (en colaboración con Carlos Pereira). Severino Chacón. Líder sindical do mundo do tabaco (2003). Fundación Luís Tilve. ISBN 84-95773-02-3 (en colaboración con Severino Chacón). O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza (2005). Baía Edicións. Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República (2011). Fundación Luís Tilve. (en colaboración con Carlos Pereira).

Premios Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica no 2011, por Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, con Carlos Pereira.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1952 Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega