Ragged Glory é un álbum de Neil Young e Crazy Horse editado o 10 de setembro de 1990 a través do selo Reprise Records.
O álbum regresa ao estilo hard rock previamente explorado en Everybody Knows This Is Nowhere e Zuma. Os dous primeiros temas son cancións de que Young e Crazy Horse compuxeron e interpretaron en directo orixinalmente nos anos 70. "Farmer John" é unha versión dunha canción dos anos 60, composta polo dúo de R&B Don and Dewey e tamén interpretada pola banda de garage rock The Premiers. Young revelou que a canción "Days that Used to Be" está inspirada no tema de Bob Dylan "My Back Pages". "F*!#in' Up" é versionada frecuentemente por Pearl Jam ao vivo.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Neil Young agás onde se indique.
Categoría:Álbums de Neil Young Categoría:Álbums musicais de 1990 Categoría:Álbums de Reprise Records