A Rexión do Amazonas é unha das 25 rexións administrativas que integran o territorio peruano.Segundo a Lei Orgánica de Gobernos Rexionais publicada no diario oficial El Peruano o 18 de novembro de 2002. Está situada ao norte do Perú. Fai fronteira con Ecuador ao norte e limita cos departamentos de Cajamarca ao oeste, con La Libertad e San Martín ao sur e con Loreto ao leste. A capital é a cidade de Chachapoyas.
Ten unha superficie de 35.249,13 km². A poboación total é de 428.095 habitantes, e a densidade 10,91/km². Os idiomas falados son o español, o quechua, o awayún e o huambisa. Está cuberta por vexetación de bosque ecuatorial ao norte até a fronteira con Ecuador, e por montañas (sierras) ao sur. O río Marañón é o seu principal río.
Historia Creouse como departamento en 1931 e ten os seus límites actuais desde o 4 de xullo de 1991. Foi convertida en rexión en 2002.
Economía
Os seus principais recursos económicos son a pesca, a explotación madeireira, o turismo, o café, o arroz, a produción de froitas e a gandería.
División administrativa
A Rexión do Amazonas divídese en 7 provincias: Bagua Bongará Chachapoyas Condorcanqui Luya Rodríguez de Mendoza Utcubamba
Notas
Ligazóns externas Goberno Rexional de Amazonas Opinión do diario español ABC sobre turismo no Perú Goberno Rexional de Amazonas Páxinas Amarelas – Departamento de Amazonas (inclúe mapa).
Outros artigos Subdivisións do Perú
Categoría:Departamentos do Perú