10,000 BC é unha longametraxe estadounidense dirixida por Roland Emmerich que foi estreada en 2008. Estreouse en galego na TVG o 1 de xaneiro de 2013.

Sinopse Era un tempo no que o home e a besta eran indomábeis e o poderoso mamut camiñaba pola terra. Un tempo no que as ideas e as crenzas naceron e déronlle forma á humanidade. 10 000 a. C. Un xove cazador D'Leh (Steven Strait) comeza a busca da súa namorada á fronte dun exército atravesando o gran deserto. Terá que facer fronte ó mamut, e tamén ao smilodon (tigres de dentes de sabre) e outros depredadores prehistóricos, ó tempo que descobre unha avanzada civilización, os refuxiados da Atlántida que desembarcaron no que máis tarde se coñecería como o Antigo Exipto.

Personaxes Steven Strait como D'Leh. Camilla Belle como Evolet. Cliff Curtis como Tic'Tic. Joel Virgel como Nakudu. Affif Ben Badra como Señor da Guerra. Mo Zinal como Ka'Ren. Nathanael Baring como Baku Mona Hammond como Anciá. Marco Khan como Un-ollo. Reece Ritchie como Moha. Joel Fry como Lu'Kibu. Omar Sharif como Narrador (Voz). Kristian Beazley como Pai de D'Leh. Junior Oliphant como Tudu. Louise Tu'u como Nai de Baku.

Erros cronolóxicos O filme, á parte duns excelentes efectos visuais, ten algúns erros como por exemplo que nela móstrase como o home cultiva a terra, pero os primeiros cultivos datan do ano 8000 a. C. Tamén aparecen homes montando a cabalo, cando o home domestica cabalos aproximadamente dende o ano 2000 a. C. E finalmente os homes xa descubriran o ferro no filme, cando en realidade o home aprendeu a dominar o ferro cara ao ano 1500 a. C.

Aínda que se presenta como un filme sobre a prehistoria, contempla teorías non oficiais sobre este período, por exemplo, a teoría de que existiu unha cultura civilizada hai 10000 anos, algo semellante ó mito da Atlántida, retoma teorías de exiptólogos que din que se cadra a Esfinxe é anterior ó Antigo Exipto e que ó mellor os exipcios eran herdeiros dalgunha outra gran civilización.

Notas

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Roland Emmerich Categoría:Filmes con banda sonora de Harald Kloser Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Centropolis Entertainment Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes rodados en Namibia Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes sobre cazadores-recolectores Categoría:Filmes de 2008 con versión en galego