Mesut Özil, nado en Gelsenkirchen o 15 de outubro de 1988, é un ex-futbolista alemán que xogaba de centrocampista.
Traxectoria En 2005 incorporou ás categorías inferiores do Schalke 04. Na súa primeira tempada, co equipo xuvenil A do Schalke, Özil marcou 10 goles e gañou a Bundesliga sub-19. O 12 de agosto de 2006 disputou o seu primeiro partido da Bundesliga contra o Eintracht de Frankfurt. En xaneiro de 2008, o equipo renano anunciou que desestimaba prolongar o contrato de Özil, que terminaba en 2009.
O 31 de xaneiro de 2008, Özil fichou polo Werder Bremen, nunha operación na que o equipo verdibranco desembolsou 4,3 millóns de euros. O 26 de abril anotou contra o Karlsruhe o seu primeiro gol na Bundesliga. Na tempada 2008/09 gañou a Copa de Alemaña co Werder, anotando o gol da vitoria do seu equipo na final fronte ao Bayer Leverkusen. O 1 de maio de 2010 disputou o seu partido número 100 en primeira división.
Mesut Özil, que tiña contrato co Werder Bremen ata o 30 de xuño de 2011, foi contratado polo Real Madrid CF o 17 de agosto de 2010. O montante da operación ascendeu a 15 millóns de euros. O seu partido de debut co Real Madrid CF foi o 22 de agosto de 2010 contra o Hércules Club de Fútbol, partido que gañou o club madrileño por 3-1. Anotou o seu primeiro gol como merengue o 3 de outubro contra o Deportivo da Coruña, partido que terminou con marcador final de 6 a 1 a favor do equipo madrileño. No partido contra o AC Milan do 20 de outubro de 2010 anotou o seu primeiro gol en Champions League, no minuto 14, tras un pase de Cristiano Ronaldo.
O 2 de setembro de 2013, día límite de traspasos, Özil fichou polo Arsenal FC, a cambio duns 45 millóns de euros, e asinou un acordo de cinco anos co club inglés.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoSubcampión da 1. BundesligaSchalke 04 Alemaña2007Subcampión da 1. BundesligaWerder Bremen Alemaña2008Copa de AlemañaWerder Bremen Alemaña2009Subcampión da Copa de AlemañaWerder Bremen Alemaña2010Primeira DivisiónReal Madrid España2011/12Copa do ReiReal Madrid España2010/11Supercopa de EspañaReal Madrid España2012
Copas internacionais TítuloClubPaísAnoEurocopa Sub-21Selección de Alemaña Suecia2009Subcampión da Copa da UEFAWerder Bremen Turquía2009Terceiro porso na Copa do Mundo de FútbolSelección de Alemaña Suráfrica2010
Distincións individuais DistinciónAnoFutbolista do mes na Bundesligasetembro de 2008Mellor xogador da primeira volta da Bundesliga2009Futbolista do mes na Bundesliganovembro de 2009Nomeado ao Balón de Ouro no Mundial 20102010Terceiro mellor gol no Mundial 20102010
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio oficial de Mesut Özil Perfil de Özil no web do Real Madrid
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Gelsenkirchen Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Rot-Weiss Essen Categoría:Xogadores do FC Schalke 04 Categoría:Xogadores do Werder Bremen Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores do Fenerbahçe Categoría:Xogadores do İstanbul Başakşehir Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Alemáns de ascendencia turca Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial