Gabriel José de la Concordia García Márquez, máis coñecido como Gabriel García Márquez (), (13px escoitar), nado en Aracataca o 6 de marzo de 1927En varias edicións das súas obras e ata en biografías dáse 1928 como ano de nacemento de García Márquez; el mesmo situouno nesa data ás veces. No entanto, estudosos do autor e o seu propio pai, Gabriel Eligio García, afirman que foi 1927, punto que queda confirmado nas súas memorias, Vivir para contarla. Véxase e tamén e finado en Cidade de México o 17 de abril de 2014, foi un escritor, xornalista, editor e activista político colombiano. Estudou dereito e xornalismo na Universidade Nacional de Colombia e iniciou as súas colaboracións xornalísticas no diario El Espectador. Foi coñecido como Gabo, ou Gabito, polos seus familiares e amigos (hipocorístico guajiro para Gabriel), desde que o seu compañeiro do diario bogotano El Espectador, José Salgar, comezase a chamalo así. Recoñecido polas súas novelas e contos, tamén escribiu narrativa de non ficción, discursos, reportaxes, críticas cinematográficas e memorias. É considerado un dos autores máis significativos do século XX, especialmente en lingua española. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1982, segundo a laudatoria da Academia Sueca polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real son combinados nun tranquilo mundo de imaxinación rica, reflectindo a vida e os conflitos dun continente.Premios Nobel 1982 .

Xunto a Julio Cortázar, Mario Vargas Llosa e Carlos Fuentes, foi un dos expoñentes centrais do boom latinoamericano. Tamén está considerado un dos principais autores do realismo máxico, e a súa obra máis coñecida, a novela Cien años de soledad, é considerada unha das máis representativas desa corrente literaria, e mesmo se considera que ao éxito da novela débese que o termo se aplique á literatura xurdida a partir de 1960 en Latinoamérica.Inga AXMANN: «El realismo mágico en la literatura latinoamericana: con el ejemplo de “Cien años de soledad” de Gabriel García Márquez», en Akademische Schriftenreihe. GRIN Verlag, 2009. ISBN 3-640-39315-5, 9783640393152Menton, Seymour. Historia Verdadera Del Realismo Mágico. Colección Tierra firme. Editor Fondo de Cultura Económica, 1998. ISBN 9681654110, 9789681654115

Ademais do seu talento literario, na obra de García Márquez aparecen reflectidas as súas ideas políticasEstrada Villa, A.: El poder político en la novelística de García Márquez. Medellín: Universidad Pontificia Bolivariana, 2006. ISBN 978-958-696-473-6 .. Un exemplo da súa participación política é a súa amizade co líder cubano Fidel CastroEsteban, Ángel, e Panichelli, Stephani: Gaby y Fidel: El Paisaje de Una Amistad. Editorial Espasa-Calpe, Madrid, 2003. ISBN 84-670-1263-3 . .

Traxectoria Infancia e mocidade Fillo de Gabriel Eligio García e Luisa Santiaga Márquez Iguarán, naceu en Aracataca, departamento do Magdalena, Colombia, «o domingo 6 de marzo de 1927 as nove da mañá...», como refire o escritor nas súas memorias.Gabriel GARCÍA MÁRQUEZ: Vivir para contarla. Bogotá: Norma (primeira edición), 2002; ISBN 978-958-04-7016-8. Probablemente tiña ascendencia galega por parte da súa avoa materna, á que chamaba "a miña avoa galega". Cando os seus pais se namoraron, o pai de Luisa, o coronel Nicolás Ricardo Márquez Mejía, opúxose a esa relación, pois Gabriel Eligio, telegrafista, non era o home que consideraba máis axeitado para a súa filla, por ser fillo de nai solteira, pertencer ao Partido Conservador Colombiano e ser un mullereiro confeso.

Coa intención de separalos, Luisa foi enviada fóra da cidade, pero Gabriel Eligio cortexouna con serenatas de violín, poemas de amor, innumerables cartas e frecuentes mensaxes telegráficas. Ao fin, a familia capitulou e Luisa conseguiu o permiso para casar, o cal sucedeu o 11 de xuño de 1927 en Santa Marta. A historia e traxicomedia dese cortexo inspiraría máis tarde ao seu fillo a novela El amor en los tiempos del cólera.

Ao momento do bautizo quíxose bautizar como Gabriel José da Concordia, debido a que se resolveu o conflito entre o seu pai e o seu avó, con todo, como o mostra o facsímile da partida de bautizo no libro «García Márquez, el viaje a la semilla» de Dasso Saldivar, primeira biografía autorizada por Gabo, segundo esta partida de bautismo, o nome correcto é Gabriel José García Márquez.

Pouco despois do nacemento de Gabriel o seu pai converteuse en farmacéutico, e en xaneiro de 1928 mudouse con Luisa a Barranquilla, deixando a Gabriel en Aracataca ao coidado dos seus avós maternos. Dado que viviu con eles durante os primeiros anos, recibiu forte influencia do seu avó, o coronel Nicolás Márquez, quen de mozo matou a Medardo Pacheco nun duelo e tivo, ademais dos tres fillos oficiais, outro nove con distintas nais. O coronel era un liberal veterano da guerra dos Mil Días, moi respectado polos seus copartidarios, coñecido pola súa negativa a calar sobre a masacre das bananeiras, suceso no que morreron centos de persoas a mans das Forzas Armadas de Colombia durante unha folga dos traballadores das bananeiras, feito que García Márquez plasmaría na súa obra.

O coronel, a quen Gabriel chamaba Papalelo, describiuno como o seu «cordón umbilical coa historia e a realidade», foi tamén un excelente narrador, ensinoulle a consultar o dicionario, levábao ao circo cada ano e foi o primeiro en introducir ao seu neto no «milagre» do xeo, que se atopaba na tenda da United Fruit Company.Con frecuencia dicía: «Ti non sabes o que pesa un morto», referíndose así a que non había maior carga que a de matar a un home, lección que García Márquez máis tarde incorporaría nas súas novelas.Plinio Apuleyo MENDOZA GARCÍA y Gabriel GARCÍA MÁRQUEZ: El olor de la guayaba. Conversaciones con Gabriel García Márquez . Norma: 2005. ISBN 978-958-04-8889-4, 978978-9580488897.Gerald MARTIN: Gabriel García Márquez: una vida. Nueva York: Knopf Doubleday Publishing Group, 2009; ISBN 0-307-47228-0, 9780307472281.

A súa avoa, Tranquilina Iguarán Cotes, era de orixe galega, así o manifestou Gabo en diferentes ocasións, a quen chama a avoa Mina e describe como «unha muller imaxinativa e supersticiosa e partidaria das crenzas populares» que enchía a casa con historias de pantasmas, premonicións, agoiros e signos, foille de tanta influencia como o seu marido e mesmo é sinalada polo escritor como a súa primeira e principal inspiradora literaria, pois lle inculcou a orixinal forma en que ela trataba o extraordinario como algo natural cando contaba historias, sen importar cuán fantásticos ou improbables fosen os seus relatos, sempre os refería coma se fosen verdade irrefutable. O escritor manifestou nunha entrevista de 1983 ao diario español El País:

Ademais do estilo, a avoa Mina lle inspirou tamén a personaxe de Úrsula Iguarán que, tres décadas máis tarde, o seu neto usaría en Cien años de soledad, a súa novela máis popular.Gene H. BELLE-VILLADA: García Márquez: the man and his work. Chapel Hill: University of North Carolina Press, 1990.

O seu avó morreu en 1936, cando Gabriel tiña oito anos, e debido á cegueira da súa avoa foi vivir cos seus pais a Sincelejo, no departamento de Sucre, onde o seu pai traballaba como farmacéutico.

Gabriel foi o maior de once irmáns de pai e nai: Luis Enrique, Margarita, Aida, Gustavo, Ligia, Rita, Jaime, Hernando (Nanchi), Alfredo Ricardo (Cuqui) e Eligio (Yiyo). O seu medio irmáns por parte de pai foron Carmen Rosa, Abelardo, Germaine Hanai (Emi) e Antonio María Claret (Toño).

Segundo o seu fillo Rodrigo, Gabriel perdera a visión do centro do seu ollo esquerdo desde a súa infancia, cando mirou directo a unha eclipse.

A súa infancia está relatada nas súas memorias Vivir para contarla. Despois de vinte e catro anos de ausencia, en 2007, regresou a Aracataca para unha homenaxe que lle rendeu o Goberno colombiano ao cumprir os seus oitenta anos de vida e o corenta desde a primeira publicación de Cien años de soledad.

Educación Pouco despois de chegar a Sucre, decidiuse que Gabriel debía empezar a súa educación formal e foi mandado a un internado en Barranquilla, un porto na boca do río Magdalena, onde comezou a escribir poemas humorísticos e a debuxar tiras cómicas. Alí adquiriu reputación de mozo tímido que escribía poemas humorísticos e debuxaba tiras cómicas. Serio e pouco dado ás actividades atléticas, foi alcumado El viejo polos seus compañeiros de clase.

García Márquez cursou os primeiros graos de secundaria no colexio xesuíta San José (hoxe Instituto San José) desde 1940, onde publicou os seus primeiros poemas na revista escolar Juventud. Grazas a unha bolsa outorgada polo Goberno, Gabriel foi enviado a estudar a Bogotá de onde o recolocaron no Liceo Nacional de Zipaquirá, a unha hora da capital, onde culminará os seus estudos secundarios.

Durante o seu paso pola casa de estudos bogotana, destacou en varios deportes, chegou a ser capitán do equipo do Liceo Nacional de Zipaquirá en tres disciplinas, fútbol, béisbol e atletismo.

Despois da súa gradación en 1947, García Márquez permaneceu en Bogotá para estudar Dereito na Universidade Nacional de Colombia, onde tivo especial dedicación á lectura. A metamorfose de Franz Kafka «na falsa tradución de Jorge Luis Borges»Cfr: Pestaña Castro, Cristina. "¿Quién tradujo por primera vez la metamorfosis de Kafka al castellano?". http://www.ucm.es/info/especulo/numero11/verwandl.html foi unha obra que o inspirou de modo especial. Estaba emocionado coa idea de escribir, non literatura tradicional, senón nun estilo similar ás historias da súa avoa, nas que se «inseren acontecementos extraordinarios e anomalías coma se fosen simplemente un aspecto da vida cotiá». O seu desexo de ser escritor crecía. Pouco despois, publicou o seu primeiro conto, La tercera resignación, que apareceu o 13 de setembro de 1947 na edición do diario El Espectador.

Aínda que a súa paixón era a escritura, continuou coa carreira de dereito en 1948 para compracer aos seus pais. Despois do chamado Bogotazo do 9 de abril de 1948, uns sanguentos disturbios que se desataron o 9 de abril a causa do magnicidio do líder popular Jorge Eliécer Gaitán, a universidade pechou por lapso indefinido e a súa pensión foi incendiada. García Márquez trasladouse á Universidade de Cartaxena; empezou a traballar como reporteiro de El Universal. En 1950, desistiu de converterse en avogado para centrarse no xornalismo e trasladouse de novo a Barranquilla para traballar como columnista e reporteiro no xornal El Heraldo. Aínda que nunca terminou os seus estudos superiores, algunhas Casas, como a Universidade Columbia de Nova York, outorgáronlle un doutoramento honoris causa en letras.

Matrimonio e familia miniatura|upright|Placa conmemorativa no Hôtel des 3 Collèges en París (Francia), onde García Márquez viviu en 1956. Durante a súa nenez, cando visitaba aos seus pais en Sucre, coñeceu a Mercedes Barcha, tamén filla dun boticario, nun baile de estudantes e decidiu enseguida que debía casar con ela cando terminase os seus estudos. En efecto, contraeu matrimonio en marzo de 1958 na igrexa da nosa Señora do Perpetuo Socorro de Barranquilla con Mercedes «á que lle propuxo matrimonio desde os seus trece anos».

Mercedes é descrita por un dos biógrafos do escritor como «unha muller alta e linda con pelo marrón até os ombreiros, neta dun inmigrante exipcio, o que ao parecer maniféstase nuns pómulos anchos e ollos castaños grandes e penetrantes». García Márquez referiuse a Mercedes sempre, con agarimo orgulloso; cando falou da súa amizade con Fidel Castro, por exemplo, observou, «Fidel fíase de Mercedes aínda máis que de min».