Elle s'appelait Sarah é un filme francés dirixido por Gilles Paquet-Brenner que se estreou en 2010. É unha adaptación da novela homónima de Tatiana De Rosnay.

Sinopse En maio de 2002, a Julia Jarmond, unha xornalista americana que reside en París dende fai vinte anos, encárganlle un artigo co gallo do sesenta aniversario da redada contra os xudeus na capital francesa durante a ocupación nazi. Julia, casada con Bertrand Tézac, co cal ten unha filla de once anos, irá coñecendo pouco a pouco os acontecementos do fatídico ano 1942, entre eles a historia de Sarah, unha nena que, curiosamente, está relacionada coa súa familia política, os Tézac. Tras este descubrimento, non deixará de investigar ata coñecer cal foi o destino de Sarah e cal é a súa relación coa familia do seu marido.

Personaxes Kristin Scott Thomas como Julia Jarmond Mélusine Mayance como Sarah Starzynski Niels Arestrup como Jules Dufaure Frédéric Pierrot como Bertrand Tezac Michel Duchaussoy como Édouard Tezac Dominique Frot como Geneviève Dufaure Gisèle Casadesus como Mamé Aidan Quinn como William Rainsferd

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Gilles Paquet-Brenner Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Filmes sobre o embarazo Categoría:Filmes ambientados en 1942 Categoría:Filmes ambientados en 2002