Manuel Guzmán García, nado en Errenteria en 1878 e finado na Coruña o 31 de agosto de 1936, foi un político español.

Traxectoria Fillo dun carabineiro. Traballou como carabineiro durante doce anos e despois dedicouse ao comercio. Animado polo seu amigo Santiago Casares Quiroga, afiliouse a Izquierda Republicana e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1936. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno na Coruña, onde foi detido o 27 de xullo. Foi condenado a morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto ao seu amigo Francisco Prego Campos, Alfredo Suárez Ferrín, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.La Voz de Galicia, 1-9-1936, p. 4.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Deputados nas Cortes da II República

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en Errenteria Categoría:Personalidades sen imaxes