Rafael de Vega Barrera, nado en Zazuar (Burgos) en 1889 e finado en Lugo o de 21 de outubro de 1936, foi un médico e político español.

Traxectoria miniatura|200px|Estatua de Rafael de Vega Barrera en Lugo. Era membro da masonaría. Traballou como cirurxián en Lugo, onde a miúdo operaba a xente humilde sen cobrar. Foi director do Hospital Municipal de Lugo, cidade na que proclamou a República desde o balcón da Casa do Concello. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Partido Republicano Radical.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o 19 de xullo de 1936 organizou a resistencia na cidade de Lugo con José María Díaz Díaz-Villamil e Jacinto Calvo López. Foi detido polos militares sublevados, sufriu un simulacro de xuízo e foi fusilado na tapia do cemiterio de Lugo ás 18:00 horas do 21 de outubro de 1936 con José Ramos López, Perfecto Abelairas Castro, Ángel Pérez López e Ramón García Núñez.El Progreso, 22-10-1936, p. 1. Para facerlle fronte ás responsabilidades políticas embargáronlle os seus bens.BOP Lugo, 10-12-1936, p. 2.BOP Lugo, 30-12-1936, p. 2. En 2024 anulouse o seu xuízo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Represión franquista en Galicia Ligazóns externas Homenaxe a Rafael de Vega La Voz de Galicia, 21/10/2006 .

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Zazuar Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados Categoría:Masóns de Galicia