Karl Matthew Alvarez, nado o 10 de marzo de 1964, é o baixista das bandas Descendents e All. Tamén toca a guitarra e canta en Underminer.

Traxectoria Alvarez uniuse a Descendents despois do álbum Enjoy! da súa anterior banda, The Massacre Guys, e tocou en todos os traballos de All, da que é o principal compositor. No verán de 2006 uniuse á banda de gypsy punk Gogol Bordello para tocar en parte da xira Van's Warped Tour e nos festivais de Reading e Leeds.

Dende o 2004 Karl toca en The Last xunto co batería de Descendents e All Bill Stevenson. No 2006 tocou no álbum auto-titulado de The Lemonheads lanzado polo selo Vagrant Records. Tamén se encargou do baixo nas dúas últimas xiras canadenses da banda The Real McKenzies.

Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1964