miniatura|Félido dentes de sabre (Smilodon fatalis). Os fósiles (do latín: fossus, "desenterrado") son os restos ou sinais da actividade de organismos pretéritosFernández López, S. R. (2000). conservados, principalmente pero non só, nas rochas sedimentarias e que poden sufrir transformacións na súa composición (por diaxénese) ou deformacións (por metamorfismo dinámico) máis ou menos intensas. A ciencia que se ocupa do estudo dos fósiles é a Paleontoloxía. Dentro da paleontoloxía están a paleobioloxía, que estuda os organismos do pasado —entidades paleobiolóxicas, que coñecemos só polos seus restos fósiles—, a biocronoloxía, que estuda cando viviron devanditos organismos e a tafonomía, que se ocupa dos procesos de fosilización.

Etimoloxía e evolución do termo miniatura|Fósil de Charnia, o primeiro organismo complexo Precámbrico coñecido; pertencente á Biota do período Ediacárico miniatura|Fósil de trilobites. miniatura|Fósil de ammonites. O vocábulo fósil derívase do verbo latino fodere, escavar, a través do substantivo fossile, aquilo que é escavado. Ao longo de toda a historia, e antes, na prehistoria, o home atopou fósiles, restos de seres vivos petrificados polos minerais cos que se achaban en contacto. Foron eses minerais os que substituíron ou preservaron a súa forma externa.

O home primitivo atribuíalles un significado máxico. Xa os autores da Antigüidade clásica observáranos e, en xeral, interpretábanos correctamente. O termo fósil empregábao xa Plinio no século I, e o seu uso foi recuperado no século XVI por Agricola, aludindo ao seu carácter de corpo enterrado (como derivado de fossa) e incluía tanto os restos orgánicos como os corpos minerais integrados nos materiais da codia terrestre.Hortolà, P. (2016). Esta situación mantívose até principios do século pasado, aínda que é verdade que os auténticos fósiles adoitaban diferenciarse como fósiles organizados.

O xeólogo británico Lyell definiu aos fósiles como restos de organismos que viviron noutras épocas e que actualmente están integrados no seo das rocas sedimentarias. Esta definición conserva a súa validez, aínda que actualmente o termo ten unha maior amplitude, xa que se inclúen no mesmo as manifestacións da actividade de organismos como excrementos (coprólitos), restos de construcións orgánicas, pegadas de pisadas, impresións de partes do corpo, dentadas (icnofósiles) etc.

Localización miniatura|Afloramiento con abundantes fósiles de gasterópodos (Turritella) e bivalvos (moldes internos), expostos na superficie do terreo pola erosión (reelaborados). Rexión de Puebla, México. Existen rexións da Terra que son coñecidas pola súa particular riqueza en fósiles; por exemplo, as lousas de Burgess Shale na Columbia Británica do Canadá, a calcaria de Solnhofen ou os estratos ricos en dinosauros da Patagonia.

En España, destacan Atapuerca e As Hoyas. O primeiro é un rico xacemento do Plistoceno onde se atoparon, entre outros, abundantes fósiles de homínidos. O segundo é coñecido pola presenza de Iberomesornis. miniatura|Tronco petrificado de Araucarioxylon arizonicum. Os materiais orixinais foron substituídos por outros minerais, sen perder a estrutura.

Na Galiza tamén hai determinadas zonas con restos dalgún xénero.

Os lugares que fan posible unha preservación excepcional (mesmo ás veces conservando sinais de tecidos brandos) son coñecidos como Lagerstätten (lugares de descanso ou almacenamento, en alemán).

Tipos de fósiles Os fósiles máis antigos son os estromatólitos, que consisten en rocas formadas pola precipitación e fixación de carbonato cálcico, mercé á actividade bacteriana. Isto último púidose saber grazas ao estudo dos estromatólitos actuais, producidos por tapetes microbianos. A formación Gunflint contén abundantes microfósiles amplamente aceptados como restos microbianos.Knoll, A. H., Barghorn, E.S, Awramik, S.M,. (1978).

Hai moitas clases de fósiles. Os máis comúns son restos de ammonoidea, caracois ou ósos transformados en pedra. Moitos deles mostran todos os detalles orixinais do caracol ou do óso, mesmo examinados ao microscopio. Os poros e outros espazos pequenos na súa estrutura énchense de minerais.

Os minerais son compostos químicos, como a calcita (carbonato de calcio), que estaban disoltos na auga. O paso pola area ou o lodo que contiñan os carafio ou os ósos e os minerais depositáronse nos espazos da súa estrutura. Por iso os fósiles son tan pesados. Outros fósiles poden perder todas as marcas da súa estrutura orixinal. Por exemplo, unha cuncha de caracol orixinalmente de calcita pode disolverse totalmente despois de quedar enterrada. A impresión que queda na roca pode encherse con outro material e formar unha réplica exacta da cuncha. Noutros casos, a cuncha disólvese e tan só queda o oco na pedra, unha especie de molde que os paleontólogos poden encher con xeso para descubrir a forma do resto.

Desde un punto de vista práctico distinguimos: microfósiles (visibles ao microscopio óptico). nanofósiles (visibles ao microscopio electrónico). macrofósiles ou megafósiles (aqueles que vemos a primeira ollada). Os fósiles polo xeral só mostran as partes duras do animal ou planta: o tronco dunha árbore, a casca dun caracol ou os ósos dun dinosauro ou un peixe. Algúns fósiles son máis completos: rexistran unha maior cantidade de información paleobiolóxica. Se unha planta ou animal queda enterrado nun tipo especial de lodo que non conteña osíxeno, algunhas das partes brandas tamén poden chegar a conservarse como fósiles.

Os máis espectaculares destes "fósiles perfectos" son mamuts lanudos completos achados en chans conxelados. A carne estaba tan conxelada, que aínda se podía comer despois de 20.000 anos. Os fósiles máis recentes, por convenio, son os referidos a organismos que viviron a finais da última glaciación cuaternaria, é dicir, hai uns 13.000 anos aproximadamente. Os restos posteriores (Neolítico, Idade dos Metais etc.) adoitan considerarse ordinariamente como subfósiles.

Finalmente deben considerarse tamén aquelas substancias químicas incluídas nos sedimentos que denotan a existencia de determinados organismos que as posuían ou as producían en exclusiva. Supoñen o límite extremo da noción de fósil (marcadores biolóxicos ou fósiles químicos).

Icnofósiles miniatura|Cruziana, rastro de trilobites (contramolde na base dun estrato). Os icnofósiles son restos de deposicións, pegadas, ovos, niños, bioerosión ou calquera outro tipo de impresión. Son o obxecto de estudo da Paleoicnoloxía.

Os icnofósiles presentan características propias que lles fan identificables e permiten a súa clasificación como parataxons: icnoxéneros e icnoespecies. Os parataxons son clases de pistas fósiles agrupadas polas súas propiedades comúns: xeometría, estrutura, tamaño, tipo de substrato e funcionalidade. Aínda que ás veces diagnosticar a especie produtora dun icnofósil pode resultar ambiguo, en xeral é posible inferir polo menos o grupo biolóxico ou o taxon superior ao que pertencía.

Nos icnofósiles pódense identificar varios tipos de comportamento: filotaxia, fobotaxia, helicotaxia, homostrofia, reotaxia e tigmotaxia.

O termo icnofacies fai referencia á asociación característica de pistas fósiles, recorrente no espazo e no tempo, que reflicte directamente condicións ambientais tales como a batimetría, a salinidade e o tipo de substrato.Bromley, R.G. 1990. As pistas e pegadas de invertebrados mariños son excelentes indicadores paleoecolóxicos, ao ser o resultado da actividade de determinados organismos, relacionada con ambientes específicos, caracterizados pola natureza do substrato e condicións do medio acuático, salinidade, temperatura e batimetría. Especialmente a profundidade do mar condiciona o xénero de vida dos organismos e, polo tanto, non é de estrañar que se poidan distinguir toda unha serie de icnofacies de acordo coa batimetría, cuxa nomenclatura, debida a Seilacher, refírese ao tipo de pistas máis frecuentes e máis características de cada unha.Seilacher, A. 1953.

Un icnofósil pode ter varias interpretacións: Filoxenética: Estuda a identidade do organismo produtor. Dá lugar aos parataxons. Etolóxica: Estuda o comportamento do organismo produtor. Tafonómica: Interésase pola posición orixinal e os procesos tafonómicos sufridos. Sedimentolóxica: Revela as condicións paleoambientais de formación. Paleoecolóxica: Estudada polas icnofacies.

Microfósiles miniatura|Microfósiles de sedimentos mariños. "Microfósil" é un termo descritivo que se aplica ao falar daqueles fósiles de plantas ou animais cuxo tamaño é menor daquel que pode chegar a ser analizado polo ollo humano. Normalmente utilízanse dous trazos diagnósticos para diferenciar microfósiles de eucariotas e procariotas: Tamaño: Os eucariotas son sensiblemente maiores en tamaño aos procariotas, polo menos na súa maioría. Complexidade das formas: As formas máis complexas asócianse con eucariotas, debido a posesión de citoesqueleto.

Resina fósil left|miniatura|150x150px|Un Leptofoenus pittfieldae fosilizado mantido en ámbar A resina fósil (tamén chamada ámbar) é un polímero natural atopado en moitos tipos de estratos por todo o mundo, mesmo no Ártico. Trátase da resina fosilizada de árbores fai millóns de anos. Preséntase en forma de pedras amareladas.

A resina no seu momento puido atrapar insectos e pequenos animais debilitados, os que aparecen dentro do ámbar.

Pseudofósil miniatura|Pseudofósil: dendritas de pirolusita. Crecementos minerais que asemellan restos vexetais. Os pseudofósiles son patróns visuais en rocas, producidos por procesos xeolóxicos, que se asemellan a formas propias dos seres vivos ou os seus fósiles; un exemplo clásico son as dendritas de pirolusita (óxido de manganeso, MnO2), que parecen restos vexetais. A interpretación errónea dos pseudofósiles xerou certas controversias ao longo da historia da Paleontoloxía. No ano 2003, un grupo de xeólogos españois puxo en dúbida a orixe orgánica dos fósiles de Warrawoona que, segundo William Schopf, correspondían a cianobacterias que constituían o primeiro trazo de vida sobre a Terra fai 3.500 millóns de anos. A base de tal replanteamento era que estruturas filamentosas, similares a estes supostos microfósiles de Warrawoona, poden ser producidos a temperatura e presión ambiente pola combinación, nun medio alcalino, dun sal de bario e un silicato. Un novo estudo publicado en 2015 pola revista PNAS resolveu finalmente a controversia. Os investigadores David Wacey e Martin Saunders utilizaron microscopia electrónica de transmisión para examinar rebandas ultradelgadas dos candidatos a microfósiles e así construír mapas a escala nanométrica do seu tamaño, forma, química e distribución de carbón mineral. Isto fixo evidente que a distribución de carbono era diferente a todo o visto en microfósiles auténticos e revelando a súa orixe mineral.

Fósil vivente Un fósil vivente é un termo informal usado para referirnos a calquera especie vivente que garde un gran parecido cunha especie coñecida por fósiles (poderíase dicir que é coma se o fósil cobrase " vida").

Os braquiópodos son un exemplo perfecto de "fósiles viventes". Lingula é un braquiópodo actual do que se atopan fósiles a través de todo o Cenozoico. Outro exemplo é o celacanto. Foi unha gran sorpresa atopar este peixe nas costas de África en 1938, cando se pensaba que levaban 70 millóns de anos extintos.

Rexistro fósil O rexistro fósil é o conxunto de fósiles existentes. É unha pequena mostra da vida do pasado distorsionada e nesgada.Fernández López, S. (2000). Non se trata, ademais, dunha mostra ao azar. Calquera investigación paleontolóxica debe ter en conta estes aspectos, para comprender que se pode obter a través do uso dos fósiles.

Representatividade do rexistro fósil miniatura|Fotografía de follas fósiles da planta Ginkgo biloba.