Inglourious Basterds é unha coprodución estadounidense-alemá de 2009 escrita e dirixida por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Brad Pitt, Christoph Waltz, Diane Kruger, Michael Fassbender e Eli Roth. O filme conta unha historia alternativa de dous complots de asasinato dos líderes políticos da Alemaña nazi, un planeado por unha xudía francesa propietaria dun cinema, e outro por un equipo de soldados xudeu-americanos liderados polo Tenente Aldo Raine. O título do filme foi inspirado polo director Enzo G. Castellari, director de The Inglorious Bastards (1978).
Tarantino escribiu o guión en 1998 pero debatíase co final e preferiu atrasar a rodaxe para traballar no filme de dúas partes Kill Bill. Despois de dirixir Death Proof en 2007, Tarantino volveu ó traballo de Inglourious Basterds. Unha coprodución entre os Estados Unidos e Alemaña, a fotografía principal do filme comezou en outubro de 2008 e foi rodado en Alemaña e Francia cun orzamento de $75 millóns. Inglourious Basterds estreouse o 20 de maio de 2009, no 62º edición do festival de Cannes.
Sinopse Segunda guerra mundial. Durante a ocupación de Francia polos nazis, Shosanna Dreyfus (Mélanie Laurent) presencia a execución da súa familia por orde do coronel Hans Landa (Christoph Waltz). Ela logra fuxir a París, onde adopta unha nova identidade como propietaria dun cine. Noutro lugar de Europa, o tenente Aldo Raine (Brad Pitt) adestra un grupo de soldados xudeus ("The Basterds") para atacar obxectivos concretos. Os homes de Raine e unha actriz alemá (Diane Kruger), que traballa para os aliados, deben levar a cabo unha misión que fará caer os xefes do Terceiro Reich. O destino quere que todos se atopen baixo a marquesiña do cine onde Shosanna tamén planea acabar cos líderes nazis.
Personaxes Brad Pitt como o tenente Aldo Raine, un militar de Tennessee quen forma un equipo de oito soldados estadounidenses xudeus. Eli Roth como o sarxento Donnie Donowitz, chamado "O oso xudeu". "Un asasino de nazis". Mélanie Laurent como Shosanna Dreyfus, unha xove francesa xudía a quen os nazis deixaron orfa ó matar a toda a súa familia. Christoph Waltz como o coronel Hans Landa, o "caza-xudeus". Diane Kruger como Bridget Von Hammersmark, unha axente alemá e actriz da época. Michael Fassbender como Archie Hicox. Daniel Brühl como Frederick Zoller. Til Schweiger como Hugo Stiglitz, un alemán mata-nazis. Gedeon Burkhard como Wilhelm Wicki. Jacky Ido como Marcel. B.J. Novak como Smithson Utivitch. Omar Doom como Omar Ulmer. August Diehl como Hellstrom. Sylvester Groth como Joseph Goebbels. Mike Myers como o xeneral Ed Fenech. Martin Wuttke como Adolf Hitler. Julie Dreyfus como Francesca Mondino. Samm Levine como o soldado Hirschberg. Paul Rust como Andy Kagan. Michael Bacall como o soldado Michael Zimmerman. Cloris Leachman como a Sra. Himmelstein. Christian Berkel como Eric. Samuel L. Jackson como o Narrador. Maggie Cheung como Madame Mimieux. Denis Ménochet como Perrier LaPadite. Léa Seydoux como Charlotte LaPadite. Rod Taylor como Winston Churchill.
Galardóns e nomeamentos 2009: Oscar ó mellor actor secundario: Christoph Waltz. 8 nomeamentos. 2009: Globo de Ouro: Mellor actor secundario Christoph Waltz. 4 nomeamentos. 2009: Festival de Cannes: Mellor actor Christoph Waltz.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Web oficial Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Quentin Tarantino Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Babelsberg Studio Categoría:Filmes de A Band Part Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes rodados en Alemaña Categoría:Filmes ambientados en 1941 Categoría:Filmes ambientados en 1944 Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre nazis Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes sobre xudaísmo Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América