O Club Deportivo Arquitectura é un equipo madrileño de rugby, 9 veces campión da Liga Española de rugby e 6 veces gañador da Copa de España, fundado no ano 1970, e que durante a tempada 2010-2011 xogou en División de Honra B. O club é coñecido como La Escuela, e as cores do equipo son o branco e o vermello.
Historia As orixes do club remóntanse á década dos anos 30, na Escola Superior de Arquitectura de Madrid. En 1931 xurdiu o primeiro equipo de rugby dos alumnos desta facultade, que se proclamou campión universitario naquel mesmo ano. Ata a fundación do club, foron 19 os títulos universitarios acadados polo equipo da Facultade de Arquitectura. 1963 foi o primeiro ano no cal o equipo se federou, nunha progresión de crecemento que levou á fundación do actual Club Deportivo Arquitectura en 1970.
Na tempada 1971/72, o equipo logrou o ascenso para competir na División de Honra, da cal non descendería ata a tempada 1997/98, acadando polo camiño 9 títulos de liga, nos anos 1974, 1975, 1977, 1981, 1982, 1986, 1988, 1990 e 1995. Tamén foi subcampión 4 veces, nos anos 1973, 1976, 1978 e 1987. Ningún outro equipo en España ten mais títulos de liga que o CD Arquitectura.
Tralo descenso, CD Arquitectura volveu a xogar na máxima categoría durante as tempadas 1999/2000 e 2004/2005, quedando na última posición ámbalas dúas veces, co resultado do descenso a División de Honra B.
En total o CD Arquitectura disputou 29 tempadas na División de Honra do rugby español, dato no cal só é superado por UE Santboiana con 42 e por CRC Madrid con 31.
Na tempada 2010-11 o equipo rematou a tempada 7º na clasificación final do Grupo 2 da División de Honra B polo que tivo que defender a súa praza na categoría nunha eliminatoria fronte a un equipo da Primeira Nacional, o Eibar RT, sendo o resultado final a prol do CD Arquitectura, que na tempada 2011-12 competirá de novo na División de Honra B.
Palmarés Posicións do Club Deportivo Arquitectura en competicións nacionais dende a súa fundación Categoría20121110090807060504030201009998979695949392919089888786858483828180797877767574737271Div.Honra 10 10 1136156441312137411xx2121126 Div.HonraB 7 7 8 2567 1 1ªNacional 1622 Copa 2 1 1 1 211 2 1 2
A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. Tempadas completadas na División de Honra Con 51 tempadas: UE Santboiana Con 37 tempadas: CR Cisneros Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo Con 34 tempadas: Getxo RT Con 32 tempadas: VRAC Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias Con 23 tempadas: FC Barcelona Con 22 tempadas: RC Valencia Outros.
Véxase tamén Outros artigos Liga Española de rugby División de Honra B de Rugby Copa do Rei de Rugby Ligazóns externas Páxina oficial do club Páxina oficial da Federación Española de Rugby
Categoría:Equipos de rugby de España Categoría:Deporte en Madrid