miniatura|Cánovas del Castillo A Constitución española de 1876 (cuxa denominación oficial foi: Constitución da Monarquía Española) foi promulgada por Cánovas del Castillo o 30 de xuño de 1876,Seco (2006), p. 215 logo da restauración borbónica. Foi unha constitución que supuña unha mestura entre a constitución moderada de 1845 e a progresista de 1869.Seco (2006), p. 214 Tivo unha vixencia moi prolongada, ata 1931, aínda que permaneceu suspendida durante a ditadura de Primo de Rivera, que pretendeu, sen conseguilo, elaborar outra. En 1931, sería substituída pola Constitución de 1931Roca (2005), p. 139 que abría a Segunda República.

Entre os principais principios, recoñecía:

Soberanía conxunta de El-Rei e das Cortes Xerais.Seco (2006), p. 216 Monarquía constitucional con importantes atribucións á Coroa.Artigo 54. O poder executivo recae en El-Rei, que nomea ao xefe de gobrerno e aos ministros. O poder lexislativo é compartido entre as Cortes e El-Rei,Artigo 18. aínda que este ten dereito de veto e pode disolve-las Cámaras.Artigo 32. As Cortes son bicamerais:Artigo 19. estaban compostas por un Senado, formado por designación real, e un Congreso, elixido por sufraxio. O poder xudicial, aplica as leis nos xuízos e os xuíces eran elixidos por oposición. Estado moi centralizado: concellos e deputacións provinciais estaban baixo control gobernamental.Artigo 84. As liberdades políticas dos cidadáns eran recoñecidas, pero foron restrinxidas polas leis ordinarias. Proclamábase a confesionalidade católica do Estado, aínda que se permitía o culto privado das outras relixións.Palomero & Pérez (2006), pp. 57-58 Non se define respecto do tipo de sufraxio, nin sobre o tipo de sistema electoral. En 1890, durante o goberno de Sagasta, o sufraxio convértese en universal masculino.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

1876 Categoría:Restauración borbónica en España Categoría:1876 Categoría:Reinado de Afonso XII