A asíndeto (do grego a- prefixo privativo “sen” e syndein “unir, xuntar”) é unha figura retórica que consiste en omitir as conxuncións para dar viveza ou enerxía ó concepto. Antónimo: polisíndeto
Exemplos
N'Os señores da terra, (Otero Pedrayo, ed. Galaxia) a asíndeto é moi frecuente: O corpo da casa ergueito en fina canteiría, obra limpa dos barrocos do dazasete (páxina 2). Rematadas as compras na vila, salferidas as onzas, visitadas unhas cantas amizades (páxina 55). Cheguei, vin, vencín (César: A guerra das Galias).
Véxase tamén Figura estilística
Categoría:Retórica e figuras da lingua Categoría:Literatura