Luis Fábrega Santamarina, nado en Ourense o 8 de agosto de 1906 e finado na mesma cidade o 3 de novembro de 1968, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Fillo de Luis Fábrega Coello. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926. Desde 1932 foi dirixente de Vanguardia Republicana Federal, as xuventudes do Partido Republicano Radical, partido polo que foi elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 1933. Seguidor de Martínez Barrio, pasou con el ao Partido Radical Demócrata e despois a Unión Republicana. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 27 de outrubro de 1937. O 18 de abril de 1938 foi trasladado ao campo de concentración do Mosteiro da Santa Espina (Valladolid) e despois foi trasladado ao de Rianxo. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 29-1-1941, p. 464, Retornou a Ourense. Volveu ser detido en Ourense o 2 de febreiro de 1942. Presidiu o colexio de farmacéuticos entre 1952 e 1960. Finou en Ourense o 3 de novembro de 1968.Necrolóxica en La Región, 5-11-1968, p. 6.

Vida persoal

Casou con Alfonsa García Rodríguez e foi pai de Margarita e Luis Fábrega García.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Luis Fábrega Santamarina Expediente de responsabilidades políticas de Luis Fábrega Santamarina.

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Farmacéuticos de Ourense Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes