O Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia é un galardón anual outorgado conxuntamente polo Grupo Compostela de Universidades e o Goberno galego.

Historia e características A primeira entrega do galardón tivo lugar en 1996 trala firma dun acordo entre o Grupo Compostela de Universidades e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

O premio condecora aquelas persoas ou institucións destacadas debido ao seu traballo en favor da difusión de proxectos ou ideas de alcance internacional, especialmente aquelas relacionadas coa promoción do ideal común europeo, a educación e a preservación da nosa herdanza cultural.

A Xunta de Galicia e as universidades membros do Grupo Compostela presentan anualmente candidaturas a este premio, que está dotado dunha recompensa monetaria e unha medalla de ouro conmemorativa con forma de cuncha (o símbolo durante séculos da peregrinación a Santiago e a imaxe escollida polo Grupo Compostela de Universidades).

Galardoadas/os miniatura|ElBaradei, Nobel da Paz 2005,premiado en 2010. Ano Premiado 1997Jacques Santer1998Václav Havel1999Helmut Rilling2000Cees Nooteboom2001Carla Del Ponte2002Álvaro Siza2003Manuel Cecilio Díaz y Díaz2004Miguel Siguan Soler2005Wladyslaw Bartoszewski2006Helsinki Group on Women and Science2007Manuel Castells2008Channel Arte2009Amin Maalouf2010Mohamed ElBaradei2011Neelie Kroes2012O Colexio de Europa2013Euronews2014Lennart Levi2015Programa Erasmus2016CIRCOM2017Marcelino Oreja Aguirre2018María Pilar Alonso Abad2019George D. Greenia2020Carlos Villanueva Abelairas2021Javier Solana2022Peter Maurer2023Luis Antonio Miguel Quintales2024Paolo Caucci von Saucken2025Instituto Europeo de Itinerarios Culturales

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Grupo Compostela

Grupo Compostela