Ben Uzoh, nado o 18 de marzo de 1988 en Houston, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria deportiva O 5 de xaneiro de 2011, Uzoh asinou un contrato para xogar ata o final da tempada en New Jersey. No mes de marzo de 2011, foi brevemente asignado aos Springfield Armor da NBA D-League.

En outubro de 2011, asinou un contrato dun ano co Lokomotiv Kuban ruso, pero foi despedido tras xogar só dous partidos. O 9 de febreiro de 2012, asinou un contrato cos Cleveland Cavaliers, pero foi cortado pouco máis tarde.

O 27 de marzo de 2012, Uzoh asinou un contrato de dez días cos Toronto Raptors. O 16 de abril de 2012, os Raptors anunciaron a contratación de Uzoh para o restante da tempada 2011-12.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Bases de baloncesto