A anadiplose ou reduplicación é unha figura retórica consistente na repetición do último membro dun grupo de palabras sintáctico ou métrico, no principio do grupo de palabras sintáctico ou métrico seguinte. O membro repetido pode ser unha aposición ao primeiro grupo, ou ben estar integrado sintacticamente no segundo grupo. Así, distinguiremos entre unha repetición aposicional e unha repetición integrada, podendo esta á súa vez presentar unha dependencia sintáctica e recíproca dos grupos de palabras, ou ben a independencia sintáctica. Na poesía dáse no límite da cesura e no límite do verso.

Exemplos

En "Campanas de Bastavales" (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro)

E das entrañas me doio dóiome de dor ferida

Obsérvese que tamén hai pleonasmo (doio / dor) e figura etimolóxica.

Véxase tamén Figura estilística

Categoría:Retórica e figuras da lingua