Catarina, duquesa de Cambridge, nada como Catherine Elizabeth Middleton, en Reading, Berkshire, o 9 de xaneiro de 1982, é a esposa do príncipe Guillerme, duque de Cambridge. Antes do seu matrimonio, era coñecida popularmente como Kate Middleton.

Primeiros anos Catherine foi a primeira filla de tres irmáns nacida de Michael Middleton (nado en 1949) e Carole Goldsmith (nada en 1955). Os seus irmáns son Pippa Middleton e James Middleton.

A duquesa Catarina creceu no condado de Berkshire. Asistiu a Marlborough College e posteriormente ingresou na Universidade de St Andrews. Alí coñeceu ao príncipe Guillerme no ano 2001, quen tamén se atopaba estudando na mesma universidade. Empezaron a saír xuntos en 2003 e, aínda que tiveron unha breve ruptura en 2007, retomaron a súa relación.

Matrimonio e descendencia A duquesa e Guillerme de Cambridge, entón coñecido coma Príncipe Guillerme anunciaron o seu compromiso en outubro de 2010. A voda celebrouse o 29 de abril de 2011, onde a sùa irmá, Pippa Middleton, foi a dama de honra. A voda foi moi comentada nos medios e retransmitida en directo en moitos países.

O 3 de decembro de 2012 anunciouse publicamente que a Duquesa de Cambridge estaba embarazada, esperando o seu primeiro fillo. O príncipe George de Cambridge (George Alexander Louis)George Alexander Louis: el nombre elegido por el Príncipe Guillermo y Kate Middleton para su hijo, en Europa Press.Isabel II «regala» el título de «princesa» a una posible hija de Catalina y Guillermo, en ABC de España.Paul Saunders, alcalde de Cambridge y la propia ciudad orgullosa de su próximo príncipe o princesa, en Europa Press. naceu en Londres, o 22 de xullo de 2013Catalina da a luz a un niño, en El Mundo de España., é o terceiro na liña de sucesión ao trono británico, despois do seu avó e seu pai, aos tronos de 16 estados independentes, aínda que residirá principalmente e estará directamente ligado ao Reino Unido, o máis antigo destes dominios.

O 2 de maio de 2015 naceu a súa segunda filla, a princesa Carlota de Cambridge.

O 23 de abril de 2018 naceu o seu terceiro fillo, o príncipe Lois de Cambridge.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Familia real británica

Categoría:Familia real británica Categoría:Nados en Reading Categoría:Nados en 1982