Mine vaganti é unha película italiana de 2010 dirixida por Ferzan Özpetek.
Argumento
Tommaso, o menor de tres irmáns, volve de Roma, onde supostamente estudaba economía, á casa familiar, que é dona dunha fábrica de pasta. Pensa en sincerarse coa súa familia durante unha cea, dicindo que desexa ser escritor e que é homosexual. Confésalle a seu irmán máis vello, Antonio, a súa intención de soltalo todo e que seu pai o desherde e así poder dedicarse ao que quere e esquecerse da fábrica familiar. Pero para sorpresa de Tommaso, e de todos, Antonio adiántase confesándose homosexual, polo que o pai bótao da casa. O incidente provócalle un infarto ao pai, Vincenso, polo que Tommaso non se atreve a repetir a escena e ten que facerse cargo do negocio familiar.
Todos na pequena cidade ignoran a súa condición, agás a avoa e Alba, a filla dos socios comerciais da familia. O rumor do motivo da marcha de Antonio propágase e iso avergoña a Vincenso. Mentres, Alba e Tommaso fanse bos amigos, e a pesar de saber que el é gai, ela non pode evitar empezar a namorse del. Pola súa parte, Tommaso, séntese coaccionado polo seu noivo, Marco, para regresar a Roma, e aconsellado pola avoa, finalmente, decídese a dicir que non desexa traballar na fábrica e que quere ser escritor. No enterro da avoa, tralo seu suicidio, Antonio e seu pai, reconcílianse, o que, xunto á maior implicación da irmá na dirección da fábrica, permite a marcha de Tommaso.
Elenco
Riccardo Scamarcio: Tommaso Cantone Alessandro Preziosi: Antonio Cantone Nicole Grimaudo: Alba Brunetti Lunetta Savino: Stefania Cantone Ennio Fantastichini: Vincenzo Cantone Ilaria Occhini: Avoa Elena Sofia Ricci: tía Luciana Bianca Nappi: Elena Cantone Massimiliano Gallo: Salvatore Daniele Pecci: Andrea Carolina Crescentini: Avoa de Giovane Carmine Recano: Marco Paola Minaccioni: Teresa Gianluca De Marchi: Davide Mauro Bonaffini: Massimiliano Gea Martire: Patrizia Giorgio Marchesi: Nicola
Véxase tamén Sitio web da película
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes rodados en Italia