Obélix é un dos personaxes de ficción da serie de banda deseñada Astérix, creado por René Goscinny e Albert Uderzo. É o mellor amigo de Astérix a quen acompaña en tódalas súas aventuras, agás na primeira, Astérix o galo.

É un galo alto e gordo, fabricante e repartidor de menhires. Posúe un pequeno can chamado Ideafix ou Idéfix. Obélix está dotado dunha forza extraordinaria, xa que cando era un neno caeu na marmita na que Panorámix preparaba a poción máxica (en Como caeu Obélix na marmita do druída cando era cativo), facendo que os efectos da mesma teñan carácter permanente, debido a isto, e para a súa desgraza, nunca lle deixan probar un pouco dela porque os efectos secundarios serían terribles, como se pode ver no libro Le mauvais coup d'Obelix (O mal trago de Obélix en galego), onde tras beber a marmita enteira Obélix se converte en pedra.

Orixe do nome miniatura|300px|Obèles en varios tipos de letra. A orixe do nome de Obélix pode provir de obelisco, unha columna de pedra que celebraba o sol para os antigos exipcios. Unha segunda posibilidade, é que o nome de Obélix proveña de obèle ou a cruz tipográfica en francés, un signo tipográfico usado nos manuscritos antigos ​​para anotar unha pasaxe cuestionable. De feito, o nome do seu compañeiro Astérix provén doutro símbolo semellante, o asterisco, usado para sinalar unha remisión. O emprego destes nomes de símbolos por parte de Goscinny pódese explicar polo feito de que a súa familia posuía unha imprenta.

Obras onde aparece Obélix Banda deseñada Tódolos álbums da serie Astérix.

Adaptacións Televisión Deux Romains en Gaule (Pierre Tchernia, 1967)

Jacques Morel dá a súa voz a Obélix por vez primeira neste telefilme que mestura as personaxes animadas de Astérix e Obélix con decorados da vida real.

Cinema Filmes de animación Varios actores de dobraxe prestaron a súa voz a Obélix: Astérix o galo (Belvision, 1967) con Jacques Morel Astérix e Cleopatra (Belvision, 1968) con Jacques Morel As doce probas de Astérix (René Goscinny e Albert Uderzo, 1976) con Jacques Morel Astérix e a sorpresa do César (Gaëtan Brizzi e Paul Brizzi, 1985) con Pierre Tornade Astérix en Bretaña (Pino Van Lamsweerde, 1986) con Pierre Tornade Astérix e o golpe do menhir (Philippe Grimond, 1989) con Pierre Tornade Astérix en América (Gerhard Hahn, 1994) con Pierre Tornade Astérix et les Vikings (Stefan Fjeldmark e Jesper Møller, 2006) con Jacques Frantz Astérix : Le Domaine des Dieux (Alexandre Astier e Louis Clichy, 2014) con Guillaume Briat Astérix : Le Secret de la potion magique (Alexandre Astier e Louis Clichy, 2018) con Guillaume Briat

Filmes de acción en vivo No cinema, o personaxe de Obélix estivo encarnado polo actor francés Gérard Depardieu nas catro adaptacións cinematográficas das historias de Astérix. Astérix et Obélix contre César (1999) Astérix et Obélix : Mission Cléopâtre (2002) Astérix aux Jeux Olympiques (2008) Astérix et Obélix : Au service de sa Majesté (2012)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personaxes de Astérix