Kung Fu (1972-1975) foi unha serie de televisión estadounidense protagonizada por David Carradine. Foi creada por Ed Spielman, dirixida e producida por Jerry Thorpe e desenvolta por Herman Miller, quen foi ademais escritor e coprodutor da serie. A serie consta dun episodio piloto de longa duración e sesenta e dous capítulos divididos en tres tempadas.
Sinopse 120px|miniatura|esquerda|David Carradine como Kwai Chang Caine. Kung fu relata as aventuras dun monxe shaolín chamado Kwai Chang Caine (interpretado por David Carradine na súa situación de adulto, Keith Carradine como mozo e Radames Pera como cativo), que viaxaba a través do Vello Oeste dos Estados Unidos usando como únicas armas a súa destreza en artes marciais e a forza interior da súa filosofía de vida. O seu propósito era atopar ó seu medio irmán, Danny Caine, e comezar unha nova vida en familia, xa que Kwai Chang fuxira da China tras poñer ás autoridades na súa busca.
Keye Luke, como o mestre Po, e Philip Ahn, como o mestre Kan, eran tamén membros regulares da serie. David Chow, que tamén foi unha estrela invitada na serie, actuou como asesor técnico e de Kung fu, facendo máis adiante o papel máis comprometido de Kam Yuen.
Actores invitados máis coñecidos 120px|miniatura|dereita|Keye Luke como o mestre Po. Julian Cannonball Adderley John Drew Barrymore John Blyth Barrymore Bruce Carradine John Carradine Keith Carradine Robert Carradine David Chow José Feliciano Benson Fong Harrison Ford Jodie Foster Anne Francis Barbara Seagull James Hong Season Hubley Dan Inosanto Don Johnson Nancy Kwan Mako Iwamatsu Pat Morita Diana Muldaur Leslie Nielsen William Shatner Victor Sen Yung
Premios 1973: Premio Emmy, Mellor Director (Jerry Thorpe), An Eye for an Eye.IMDb 1973: Premio Emmy, Mellor Cinematografía (Jack Woolf), An Eye for an Eye. 1973: Premio do Gremio de escritores de América, Mellor Drama (Herman Miller), King of the Mountain.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1972 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1975 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América