Pablo Daniel Osvaldo, nado en Buenos Aires o 12 de xaneiro de 1986, é un futbolista arxentino nacionalizado italiano. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o AS Roma.

Traxectoria

Este dianteiro criado na Arxentina pero que alcanzou a súa madurez futbolística no fútbol italiano alcanzou notoriedade na última data da tempada pasada, xa que cun gol seu de chilena clasificou á Fiorentina para a Liga de Campións.

No seu país de orixe xogou nas divisións inferiores de Lanús e Banfield, ata chegar a Huracán, onde finalmente debutou na segunda división do fútbol da Arxentina.

Desde alí chegou ao Atalanta e posteriormente tivo un paso fugaz polo Lecce ata chegar á Fiorentina, totalizando 24 goles en 47 encontros entre todos eles en Italia.Traxectoria de Pablo Osvaldo

Posteriormente, recalou no Bolonia FC ata que foi cedido ao RCD Espanyol en xaneiro de 2010.

Co RCD Espanyol tenia unha opción de compra próxima aos cinco millóns de euros, que podía executar antes do 30 de xuño de 2010 no caso de que o rendemento do dianteiro fose satisfactorio nos meses de competición que restaban. Ao non conseguir facer a fichaxe o Espanyol, este conseguiu a súa cesión por outra tempada. Con todo, o día 31 de agosto de 2010 o RCD Espanyol fixo efectivo o pago dos 5 millóns para facerse en propiedade do xogador, asinando un contrato por 5 anos.

Palmarés Torneos oficiais TítuloClubPaísAnoSerie BAtalanta BCItalia2005-06

Outros campionatos oficiais TítuloClubPaísAnoCopa CataluñaRCD EspanyolEspaña2010

Torneos amigables TítuloClubLugarAnoTrofeo Ciutat de BarcelonaRCD EspanyolEspaña2010Trofeo Ramón de CarranzaRCD EspanyolEspaña2010

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Osvaldo no web do Espanyol

Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA Lanús Categoría:Xogadores do CA Banfield Categoría:Xogadores do CA Huracán Categoría:Xogadores do Atalanta BC Categoría:Xogadores do US Lecce Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores do Bologna FC 1909 Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors