O Circuíto Galego de Sevens 2011 foi a primeira edición dunha nova competición de rugby en Galicia, na modalidade de rugby a 7, na que competiron entre si os distintos clubs galegos. O campionato naceu por iniciativa dos clubs en resposta á necesidade de manter unha actividade deportiva nos equipos que pola razón que sexa remataron en marzo a súa participación nas competicións ligueiras. Formato Os equipos inscritos para participar foron: Vigo RC, CRAT, Ingleses, Zalaeta, Ourense, Gallaecius, Mareantes e Ferrol.

Nesta edición do Circuíto Galego de Sevens estas foron as datas: 14 de maio: Campo de Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa). Organizador: Ingleses. 21 de maio: Campo de Monte Porreiro (Pontevedra). Organizador: Mareantes. 28 de maio: Campo de Acea da Ama (Culleredo). Organizador: CRAT. 4 de xuño: Campo do CUVI (Vigo). Organizador: Vigo RC. 11 ou 18 de xuño: Campus de Ourense. Organizador: Ourense. 11 ou 18 de xuño: Campo de Suevos (Arteixo). Organizador: Zalaeta.

Clasificación Final

Pos. EquipoPuntos1ºVigo Rugby Club96 p.2ºCRAT92 p.3ºOs Ingleses Rugby Club64 p.4ºCampus Ourense58 p. -Mareantes Rugby Clube58 p.6ºGallaecius40 p.7ºClub Deportivo Zalaeta36 p.8ºClub Rugby Fendetestas18 p.9ºCampus Ourense B12 p.10ºOs Ingleses B8 p.11ºVigo RC B6 p.12ºClub Rugby Ferrol2 p.

Véxase tamén Outros artigos Liga Galega de Rugby Copa Xunta de Rugby Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20130721171820/http://www.galicia7s.com/ Web oficial do Circuíto Galego de Sevens.

Categoría:Competicións de rugby en Galicia Categoría:Deporte en 2011 Categoría:2011 en Galicia