Nonpalidece é un grupo musical arxentino de música reggae fundado en 1996 por Néstor Ramljak (voz e guitarra), Facundo Cimas (baixo), Diego Bravo (guitarra) e Galo Llorente (batería); adheríndose logo máis músicos como Bongo Pato e Leo Rodríguez (percusión), Bruno Signaroli (trompeta), Agustín Azubel (saxo), Germán Bonilla (batería) e Martín Mortola (teclado).

No ano 2000 publicaron unha demo con catro temas, Dread al control, nos estudios de Karamelo Santo, regravado 3 anos máis tarde co selo Nuevas Versiones; a primeira versión fora de xeito independente.

No 2004 gravaron o disco chamado Nuevo día, editado por 4k Record. A finais dese ano achégase á banda Gustavo Pilatti, guitarrista e compositor, que xa compartira traballos con Néstor Ramljak. No 2005 empezaron a gravar o terceiro disco, Hagan correr la voz, publicado por Subterrania discos en maio de 2006.

Véxase tamén Ligazóns externas Nonpalidece en myspace.com Nonpalidece en lastfm.es

Categoría:Grupos musicais da Arxentina Categoría:Grupos musicais de reggae Categoría:Grupos musicais formados en 1996