Florida é unha cidade uruguaia capital do departamento homónimo. Achantada sobre as ribeiras do Río Santa Lucía Chico, posúe unha poboación de aproximadamente 32.128 habitantes.

Historia e características Foi fundada o 24 de abril de 1809, recibindo nun principio o nome de San Fernando de la Florida Blanca, apelación en homenaxe ao válido e favorito real español de inicios do século XIX, o Conde de Floridablanca.

Destaca porque alí se atopa a Pedra Alta da Florida, lugar escolleito o 25 de agosto de 1825 para realizar o Congreso de Florida, e tamén pola Capela de San Cono, santo que congrega multitudes o 3 de xuño.

Na súa praza principal encóntrase a catedral da cidade, que se empezou a construír en 1894. É unha das igrexas máis coñecidas do país, pois contén a Virxe dos Trinta e Tres, patroa do Uruguai, representada por unha pequena figura de madeira, localizada orixinalmente nunha localidade denominada Villa Vieja (antes, Villa del Pintado), e que a ela se encomendaron os Trinta e Tres Orientais tras o seu desembarco en 1825, xurando liberar a patria ou morrer no intento.

Na mesma praza, un monumento obra do escultor Juan Manuel Ferrari, conmemora a Declaratoria da Independencia. O día da inauguración do mesmo, o 19 de maio de 1879, o poeta Juan Zorrilla de San Martín declamou a Leyenda Patria, en honra da xesta dos Trinta e Tres.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades do Uruguai