La Bullonera é un dúo de música aragonesa, moi activo nos anos setenta. Destacaba facendo canción protesta e versións do folclore, con letras cheas de ironía. O seu nome inicial era Vientos del Pueblo, pero despois de varios cambios na formación, quedou formada baixo o nome aragonés de La Bullonera e composto por Javier Mestre e Eduardo Paz.

O 6 de marzo de 1973 participaron na 1ª Semana cultural aragonesa, xunto a outros artistas como Tomás Bosque, Labordeta ou Joaquín Carbonell. O 9 de maio de 1976 representaron a Aragón xunto con Labordeta no Festival dos Pobos Ibéricos.

Despois do seu álbum Punto de 1980 separáronse, aínda que se reuniron varias veces para actuaciónes ocasionais.

Discografía 1976: La Bullonera. 1977: La Bullonera 2. 1979: La Bullonera 3. 1980: La Bullonera. Punto. 1983: Del folclore aragonés: homenaje a Arnaudas. 2003: La Bullonera: Discografía básica.

Categoría:Grupos musicais de Aragón