miniatura|dereita|300px|Publicidade da Caixa Rural ourensá no campo de fútbol Cardeal Quiroga de Maceda. A Caixa Rural de Ourense, fundada como Caja Rural de Orense, foi unha entidade bancaria xa desaparecida que operou na provincia de Ourense na segunda metade do século XX.
Historia A Caixa Rural de Ourense creouse, en paralelo a outras moitas caixa de aforros chamadas rurais, para darlle resposta ás necesidades de financiamento de pequenos empresarios dos sectores da gandería e da agricultura españois, e neste caso aos da provincia de Ourense. O ano da súa creación foi o 1961Cronoloxía de Coren , Web de Coren. e nela participaron entre outros Eulogio Gómez Franqueira, empresario e político local, fundador do grupo de cooperativas agrarias ourensás Coren e de Coalición Galega, e que na década dos setenta ocupou o posto de xerente da entidade bancariaPerfecto Conde Muruais, Reunión de los ex ministros Fraga, Cabanillas y Robles Píquer, El País, 14/8/1976.
Na década de 1980 o modelo de caixas rurais entra en crise, e son paulatinamente absorbidas por outras entidades. No caso da Caixa Rural ourensá, os accionistas decidiron en agosto de 1988 ratificar o acordo de compra por parte de Caixa Galicia, daquela a entidade máis importante de GaliciaLa Caja Rural de Orense..., El País, 2/8/88., e que tamén mercara a Caixa Rural de Pontevedra e a Caixa Rural da Coruña.
O seu último director foi Nicolás Diéguez, quen durante tres anos compaxinou o seu cargo tamén co de director xeral de Coren.
Notas
Categoría:Bancos e caixas de aforro de Galicia Categoría:Provincia de Ourense