Alonzo Harding Mourning, Jr., nado o 8 de febreiro de 1970 en Chesapeake, Virxinia, é un ex xogador americano de baloncesto profesional, que xogou a maioría dos seus 15 anos en activo nos Miami Heat da NBA.
Mourning xogaba de pivote, e tiña o alcume de "Zo". A súa tenacidade en defensa fíxolle gañar dúas veces o premio ao mellor xogador defensivo da NBA, e estar no equipo defensivo do ano nunha ocasión. Volveu a xogar tras un transplante de ril, e máis tarde gañou o seu primeiro e único Campionato da NBA cos Heat. Ademais, xogou para os Charlotte Hornets e os New Jersey Nets. O 30 de marzo de 2009, Mourning converteuse no primeiro xogador da historia dos Miami Heat en ter o seu número retirado.
Mourning e a súa muller Tracy teñen tres fillos: un fillo chamado Alonzo III ("Trey"), unha filla chamada Myka Sydney, e un segundo fillo chamado Alijah (nado o 18 de setembro de 2009). En abril de 2010, Mourning foi incluído no Virginia Sports Hall of Fame en recoñecemento á súa traxectoria no instituto, universitaria e profesional ademais do seu traballo coma voluntario ao servizo da comunidade onde viviu e traballou durante a súa vida. No ano 2014 foi incluído no Basketball Hall of Fame.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Alonzo Mourning en NBA.com Athletes for Hope Alonzo Mourning Charities
Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto