Craig Lee Brackins, nado o 9 de outubro de 1987 en Lancaster (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Koshigaya Alphas da B.League xaponesa. Xogou na universidade para os Iowa State Cyclones.Player Biography at Cyclones.com

Traxectoria profesional NBA Foi elixido na 21ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Oklahoma City Thunder. O 8 de xullo de 2010, foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto ao tamén rookie Quincy Pondexter a cambio dos dereitos de Cole Aldrich e Morris Peterson..

O 23 de setembro de 2010, foi traspasado outra vez aos Philadelphia 76ers xunto con Darius Songaila a cambio de Willie Green e Jason Smith.

O 30 de novembro de 2010, Brackins foi asignado aos Springfield Armor da NBA Development League. En 5 partidos cos Armor, Brackins acadou 17.2 puntos e 8.6 rebotes.Craig Brackins NBA.com playerfile O 12 de decembro de 2010 foi chamado de volta polos 76ers. Foi enviado outra vez a Springfield o 15 de xaneiro de 2011, e rechamado polos 76ers o 7 de febreiro de 2011. Foi enviado outra vez aos Armor o 24 de marzo de 2011.Sixers Reassign Brackins To D-League

Israel Durante o lockout de 2011, Brackins asinou en agosto co Maccabi Ashdod B.C. da Ligat ha'Al de Israel.Craig Brackins joins Maccabi Ashdod

Notas

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Lancaster, California Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do Maccabi Ashdod BC Categoría:Xogadores do Pallacanestro Biella Categoría:Xogadores do Basket Zielona Góra Categoría:Xogadores do Eskişehir Basket SK Categoría:Xogadores do Viola Reggio Calabria