Edurne Pasaban Lizarribar, nada en Tolosa (Guipúscoa) o 1 de agosto de 1973, é unha alpinista vasca. Estudou Enxeñaría Técnica Industrial na Universidade do País Vasco. Imparte clases como profesora asociada no IE Business School de Madrid.
Traxectoria Foi a segunda muller na historia en ascender os 14 oitomiles (montañas de máis de 8.000 metros) do planeta e a vixésima terceira persoa. Completou a súa xesta en 9 anos, desde a súa primeira ascensión a un oitomil no Everest o 23 de maio de 2001 á última do Shisha Pangma o 17 de maio de 2010.
Notas
Categoría:Alpinistas de España Categoría:Nados en Tolosa, España Categoría:Nados en 1973 Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Escaladores do Everest