miniatura|Iápix extraendo unha frecha da perna de Eneas, fresco de Pompeia. miniatura|Extracción da pedra da loucura, de Hieronymus Bosch. miniatura|Operación cirúrxica nun quirófano moderno.
A cirurxía é a rama da medicina que manipula fisicamente as estruturas do corpo con fins diagnósticos, preventivos ou curativos. Ambroise Paré, cirurxián francés do século XVI atribúelle cinco funcións:
Eliminar o superfluo Restaurar o que se escordou Separar o que se uniu Reunir o que se dividiu, e Reparar os defectos da natureza.
Desde que o ser humano fabrica e manexa ferramentas empregou o seu enxeño tamén no desenvolvemento de técnicas cirúrxicas cada vez máis sofisticadas. Pero até a revolución industrial non se vencerían os tres principais obstáculos cos que se encontrou esta especialidade médica desde os seus inicios: a hemorraxia, a dor e a infección. Os avances nestes campos transformaron a cirurxía, dunha "arte" arriscada (e menosprezada por iso), a unha disciplina científica capaz dos máis asombrosos resultados.
As profesións de cirurxián e de médico sufriron numerosos encontros e desencontros ao longo da historia. En xeral, o cirurxián (barbeiro, compoñedor...) foi considerado o técnico, mentres o médico (máis relacionado historicamente co sacerdote ou o xamán) era o auténtico curador.
Durante o desenvolvemento da medicina moderna, a ensinanza de ambas as disciplinas agrupouse nunha mesma formación académica que, na maioría dos países desenvolvidos, permite a obtención dunha titulación conxunta de licenciatura en medicina e cirurxía.
Boa parte da historia da cirurxía, en calquera caso, está intimamente relacionada coa historia da medicina (e coa historia de ciencia, en xeral). As novas tecnoloxías aplicadas á arqueoloxía confirman que a súa orixe se remonta á mesma orixe do Homo sapiens, cuxa vida ao aire libre era obxecto de numerosos accidentes, feridas e hemorraxias, susceptíbeis de tratamento cirúrxico mediante técnicas rudimentarias.
As primeiras técnicas cirúrxicas empregáronse para o tratamento das feridas e os traumatismos producidos no curso da vida á intemperie. A combinación de estudos arqueolóxicos e antropolóxicos (en tribos cuxo modo de vida semella ao dos primeiros seres humanos) ofrece información sobre métodos rudimentarios de sutura, amputacións, drenaxes ou cauterizacións de feridas con instrumentos candentes. Existen numerosos exemplos: unha mestura de salitre e xofre vertida nas feridas e á que se prendía lume, empregada por algunhas tribos asiáticas; as técnicas de drenaxe dos indios dakota, mediante o emprego dunha cana de pluma "conectada" cunha vexiga urinaria animal para succionar o material purulento; o achado de agullas do Paleolítico que poderían terse empregado en suturas (os masais usan agullas de acacia co mesmo fin); ou o enxeñoso método desenvolvido por algunhas tribos da India e América do Sur, selando as feridas menores mediante a aplicación de térmites ou escaravellos aos que, tras morder os bordos aproximados da ferida, se lles retorce o pescozo para deixar as cabezas rixidamente enganchadas a xeito de grampas.W. J. Bishop, W. J. (1960): The early history of Surgery. Londres: Hale
Introdución miniatura|esquerda|The Quack (ca. 1785) pintura de Franz Anton Maulbertsch, que mostra un cirurxián-barbeiro no exercicio do seu oficio. O desenvolvemento e o progreso da cirurxía en occidente estivo moi influído por numerosos acontecementos, e durante longo tempo os cirurxiáns foron relegados nunha caste inferior entre os menciñeiros, e a súa exclusión dos estudos médicos foi unha medida nefasta durante varios séculos. Non foi verdadeiramente até o século XIX cando os grandes progresos no contexto político, relixioso e tecnolóxico o permitiron.
Até finais do século XVIII (en Francia e Alemaña), ou mediados do XIX (en España), as profesións de cirurxián e de médico eran diferentes, incluso con distintas consideracións sociais.A profesión médica considerábase superior, mentres que o cirurxián era practicamente un simple artesán.
En occidente, na Idade Media, os médicos son clérigos, e non laicos. Algúns ocupaban mesmo altas funcións eclesiásticas. O seu casamento estaba (e está) prohibido pola Igrexa católica, e por iso non podían dar os seus coidados ás mulleres (de aí a necesidade de comadroas e parteiras).
Aínda por riba, non podían exercer a cirurxía porque Ecclesia abhorret a sanguine ('a Igrexa ten horror ao sangue').En 1163, no concilio de Tours, a Igrexa decreta: Ecclesia abhorret a sanguine Pratique médicale et identité culturelle , Informe da Comisión Nacional Permanente adoptada con ocasión da Reunión do Consello Nacional dos Colexios médicos de Francia de 18 de xuño de 2005. miniatura|dereita|180px|María Tareixa de Austria e seu fillo máis vello Lois, o Gand Dauphin. miniatura|Lois XIV e a súa familia, por Nicolas de Largillière.
Finalmente, un médico non ten o dereito de exercer unha profesión manual. Por esta razón, os actos cirúrxicos lles están tamén prohibidos.
Estes encoméndanse aos barbeiros que, ademais de cortar o pelo e barbear, tiran os dentes, tratan as feridas e as úlceras, practican as incisións dos abscesos, as sangrías... despois do diagnóstico dun médico. De aí a denominación de cirurxián-barbeiro.
É famoso o caso de María Tareixa de Austria (1638 - 1683), filla de Filipe IV de España e esposa de Lois XIV de Francia que tiña un absceso na axila e Antoine Daquin, médico do rei, oponse a que Dionis, o cirurxián, lle practique unha incisión; a raíña morreu.María Tareixa morreu bruscamente, o 30 de xullo de 1683, en Versalles, a consecuencia dun tumor benigno na axila do brazo esquerdo mal coidado. O absceso, violáceo e purulento, foi combatido en van cunha sangría e un emplasto húmido, e derivou en septicemia. Véxase: Rorive, Jean Pierre (2005): Petites histoires des grands de France. Jourdan Editeur..
Máis tarde, en 1686, Lois XIV, afectado dunha fístula anal, vendo que os tratamentos médicos non daban ningún resultado, fixo chamar ao seu cirurxián, un tal Félix Tassy, que o curou, o que permitiu darlle un certo crédito aos cirurxiáns entre os médicos.
Na Francia da época, Jean Pitard, un barbeiro famoso, obtén do prévôt royal Oficial de xustiza. de París, Etienne Boileau, a autorización de constituír unha corporación independente, baixo a dirección de seis xurados, para examinar aos barbeiros que desexasen practicar a "cyrurgie" (cirurxía, no francés da época). Isto provoca un enfrontamento entre a corporación dos barbeiros e a Facultade de Medicina, que se resolve cun decreto de 1660 que anula a creación da corporación dos cirurxiáns, os que piden o seu restablecemento e someterse ao primeiro barbeiro do rei, Retz de Villeneuve. Pero Lois XIV oponse e exixe que sexa Félix Tassy, que foi o que obtén o posto.
Créase unha cátedra de cirurxía no Jardin des plantes de París, da que se encarga Dionis. Co apoio do rei, os primeiros cirurxiáns (Mareschal, Lapeyronie, Lamartinière) obteñen cinco prazas de profesores nomeados polo primeiro cirurxián.
Isto provoca a cólera da Facultade de Medicina, que se manifesta nas rúas de París exixindo nomear ela aos profesores. Pero as turbas acoden en apoio da Facultade de Cirurxía e os médicos débense poñer a salvo, despois de seren batidos e humillados.
A partir dese momento, os cirurxiáns obteñen incluso que se lles provea dos cadáveres necesarios para os seus estudos sen ter que reclamalos á Facultade de Medicina.
A pesar diso, o número de cadáveres é insuficiente e algúns teñen que roubarse nos cemiterios ou comprarse directamente aos verdugos, o que provoca novas batallas coa Facultade de Medicina, que non vacila en facer intervir aos bedeis para recuperar os corpos ou en provocar sanguinarias batallas.
Coa Revolución francesa, a diferenza entre cirurxián e médico é abolida. Non hai máis que un ensino único que comprende a medicina, a cirurxía e os partos.
Prehistoria miniatura|esquerda|Cranio datado no Neolítico, 3500 a. C., conservado no Museo de Historia Natural de Lausana, trepanado posibelmente con sílex. Crese que tras a operación o doente sobreviviu. miniatura|esquerda|O uso do sílex é a primeira invención do Homo sapiens.
Da época prehistórica algunhas pezas esqueléticas fósiles testemuñan feitos cirúrxicos tales como craniotomías (numerosos casos de trepanacións) e de amputacións de membros (máis raros) a partir do Mesolítico.Agelarakis, A. (2006): "Early Evidence of Cranial Surgical Intervention in Abdera, Greece, A Nexus to On Head Wounds of the Hippocratic Corpus". Mediterranean Archaeology & Archaeometry, Vol.6, Nº 1, páxs. 5-18.Agelarakis, A. (2006): "Artful Surgery: Greek Archaeologists Discover Evidence of a Skilled Surgeon Who Practiced Centuries Before Hippocrates", Archaeology, Vol. 59/2, páxs. 26-29. Tamén se encontraron evidencias en restos humanos prehistóricos do Protoneolítico Ralph Solecki, Rose Solecki and Anagnostis Agelarakis (2004): The Proto-Neolithic Cemetery in Shanidar Cave. Texas. A&M University Press, College Station. e do Neolítico, en pinturas rupestres.
Encontráronse máis de 120 cranios prehistóricos en Francia, datados en 6500 anos a.C., 40 deles con furados de trepanación.
Folke Henschen, médico e historiador sueco, expón que en escavacións realizadas en 1970 en sedimentos do río Dnipr amosan a existencia da trepanación no Mesolítico, hai aproximadamente 14000 anos.Henschen, Folke (1995): The human skull. A cultural history. New York: Praeger Suxírese que as trepanacións facíanse para curar epilepsias, xaquecas e doenzas mentais.Brothwell, D. R. (1963): Digging up Bones.
Os sinais de cicatrización nos bordos das reseccións permiten pensar que a craniotomía non era fatal, e que o operado sobrevivía despois da operación. As evidencias que apoian a teoría da supervivencia de moitos destes individuos trepanados inclúen a formación de novo tecido óseo ou calos óseos ao redor do orificio do trépano. Nalgúns estudos as taxas de supervivencia superan o 50 %.Nun estudo feito por Muñiz e Mc Gree encontraron 250 de 400 cranios con evidencias de supervivencia tras a trepanación. Dato tirado de: Manuel Antonio Muñiz, Manuel Antonio, e W. J. Mc. Gree: La tribu Yanto en el Perú.
Utilizábanse diversas técnicas para realizar as trepanacións. Por exemplo, a abrasión da bóveda cranial con sílex, o corte dun burato circular que se ía agrandando pouco a pouco na bóveda cranial con perforacións circulares liberando unha peza ósea ou tamén cortes que tamén separaban un fragmento óseo.
O estudo das técnicas utilizadas por pobos primitivos de América do Sur e da illa de Borneo, permiten facerse unha idea do que puidera utilizarse na época prehistórica.
A preparación do doente, é dicir, o seu adormecemento, puidera realizarse con derivados da durmideiraCruzeby, E. (1996): "Surgery at the origins of agriculture: the case of central Europe", in Anthropologie..
A anestesia do paciente, que debe sobrevivir á operación, implica o uso de vendaxes primitivas. Para facelas, seguramente se empregarían elementos vexetais como a goma e as follas de nenúfar, que posúen efectos antisépticos.
A arxila puido empregarse nos dedos conxelados. Encontráronse pegadas en covas da época Magdaleniano.
A ausencia de infección testemuña un coñecemento da asepsia.
Aínda que menos frecuentes, coñécense polo menos tres casos de amputación no Neolítico antigo en Europa occidental: Sondershausen, no leste de Alemaña (amputación dun brazo), Vedrovice, en Moravia (amputación da man) e Buthiers-Boulancourt, Francia que, grazas ás modernas técnicas, revelan unha amputación do antebrazo esquerdo practicada hai 6900 anos a un home de idadeBuquet-Marcon & al. (2009): "A possible Early Neolithic amputation at Buthiers-Boulancourt (Seine-et-Marne), France", in Antiquity.
A cirurxía no mundo antigo Mesopotamia