miniatura|260px|dereita|Décimo Xunio Bruto cruzando o Lethes (hoxe río Limia). Foto da representación da Festa do Esquecemento.

Décimo Xunio Bruto Galaico (en latín: Decimus Junius M. f. M. n. Brutus Gallaecus ou Callaecus ou Callaicus), nado en Roma en 180 ou 181 a. C. e finado en 113 a. C., foi un xeneral e político romano do século II a. C. Era fillo de Marco Xunio Bruto (cónsul no 178 a. C.) e irmán de Marco Xunio Bruto (pretor no 88 a. C.). Tivo un fillo tamén chamado Décimo Xunio Bruto (cónsul no 77 a. C.), e o seu neto foi Décimo Xunio Bruto Albino.

Foi un dos máis importantes líderes dos optimates, unha facción política que apoiaba os intereses da aristocracia e que se oponía tanto aos tribunos da plebe (neste momento, os irmáns Graco) como aos populares, facción política que defendeu a causa dos pobres e quería reformas para axudalos.

O alcume (agnomen) de Galaico, vén de cando estaba ao mando das tropas en Hispania e levou a cabo as campañas de conquista de Gallaecia. Tamén participou en campañas en Iliria.

Traxectoria

Consulado Durante o seu consulado, no 138 a. C., el e mailo seu colega P. Cornelio Escipión Nasica opuxéronse aos tribunos plebeos. O tribuno plebeo Caio Curiato enviou a ámbolos dous cónsules á prisiónCicerón, On the Laws 3.20 porque cando os tribunos plebeos pediron poder elixir a dez homes para eximilos do servizo militar, os cónsules non aceptaron.Valerio Máximo, Nove Livros de Feitos e Dizeres Memoráveis III 7 § 3.Morgan (1974), p. 183Livio, Periochae, 55.3Lívio, Ab Urbe Condita Epit. 55 Tamén se opuxeron á proposta dos tribunos de comprar grans do estranxeiro porque o prezo do gran subía. Escipión Nasica fixo un discurso que ponseguíu que plebe inqueda acougase.Valerius Maximus, Memorable Deeds and Sayings in Nine Books, 3.7.3

Campaña na Lusitania e conquista da Gallaecia

Dirixiu a campaña para estabilizar e castigar as tribos rebeldes do territorio ao norte do río Texo logo da morte de Viriato. Estableceu o seu cuartel nunha illa, identificada coa de Almourol, nas beiras do Texo, e fortificou Olisippo (Lisboa). No seu avance cara ao norte tivo que facer fronte a numerosos levaantamentos das poboacións locais. Fundou Valentia (Valença do Miño) cos superviventes do exército de Viriato e estableceu unha posición fortificada en Viseu.

Xa como procónsul, no ano 137 a. C. cruzou o río Douro e entrou no territorio dos callaeci ou galaicos, arredor do actual Porto, pero que deron nome a todos os pobos localizados máis ao norte, e chegou ao río Limia (Lethes). Ante a negativa dos seus soldados a cruzalo polo temor a perderen a memoria, Bruto cruzouno o primeiro, e os seus soldados seguírono ao veren que os chamaba polos seus nomes, e segundo conta Estrabón, chegou até o río Miño.

O Senado romano concedeulle o título de Callaicus no 136 a. C.

miniatura|500px|centro|Operacións militares romanas no noroeste da penínsua Ibérica.A liña de cor lila sinala a campaña de Décimo Xunio Bruto no ano 137 a. C.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Lista de cónsules romanos na República

Categoría:Imperio Romano Categoría:Gallaecia Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Historia antiga de Galicia