Die fetten Jahre sind vorbei é un filme alemán de 2004 escrito e dirixido polo austríaco Hans Weingartner e protagonizada por Daniel Brühl. Narra os eventos sucedidos a tres activistas anticapitalistas (aparentemente anarquistas): Jule (Julia Jentsch), Peter (Stipe Erceg), Jan (Daniel Brühl).
Sinopse Jan, Peter e Jule están desfrutando da súa rebelde xuventude. Únelles a súa paixón por cambiar o estado do mundo. Convértense nos "The edukators", cuxas accións non violentas tratan de avisar ós ricos locais de que os seus días de abundancia están a piques de rematar. As complicacións aparecen cando Jule se namora dos dous mozos. Ademais, unha das súas incursións nocturnas nunha casa dun home de negocios complícase, e o que se converte nun rapto non intencionado remata por poñelos cara a cara coa lei.
Banda sonora A CD da banda sonora do filme é unha compilación publicada por Mute Records e composta por temas de grupos como Depeche Mode, Placebo, Nada Surf, Franz Ferdinand, Phoenix, Simian e One Inch Punch entre outros, como tamén temas de grupos alemáns como The Notwist, Tocotronic e Slut.
A versión de Jeff Buckley do "Hallelujah" de Leonard Cohen aparece no filme, pero non se inclúe dentro da banda sonora comercializada.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Austria Categoría:Filmes rodados en Austria Categoría:Filmes ambientados en 2004 Categoría:Filmes ambientados en Berlín