Mario Marceé West, nado o 19 de xuño de 1984 en Huntsville (Alabama), é un xogador americano de baloncesto profesional. Non foi elixido no Draft da NBA polos Hawks, pero o ficharon despois do Draft de 2007.
Traxectoria West foi xogador no Douglas County High School en Douglasville (Xeorxia). Mario foi o capitán do equipo nos seus anos júnior e sénior.
West foi a Georgia Tech, e foi nomeado capitán xusto antes de que comezara o seu ano sénior. Mentres estivo alí, gañou o campionato universitario de mates no ano 2007.
West xogou cos Atlanta Hawks nas tempadas 2007-08 e 2008-09. Tras o seu paso polos Red Claws no comezo da tempada 2009-10, West asinou de novo con Atlanta para o resto da 2009-10. Nos Hawks, xogou en 156 partidos en 3 tempadas, incluíndo 6 de titular. Acadou 4.4 minutos e 0.8 puntos por partido nese tempo.Mario West Player File NBA.com Xogou cos Boston Celtics durante a pretempada do ano 2010, pero foi cortado antes do comezo da tempada. Retornou aos Maine Red Claws, o afiliado da NBA D-League dos Celtics, para o comezo da tempada 2010-11.Working on Season 2 Portland Press Herald, 9 de novembro de 2010 O 24 de marzo de 2011, West pediu aos Red Claws que o deixaran ir para volver a Atlanta a coidar dun membro da familia que estaba enfermo, e os Red Claws deixáronlle irse do equipo. Xogou en 53 partidos en dúas tempadas en Maine. En 2010-11, West xogou unha media de 34 minutos de xogo en 43 partidos, e acadou 13.7 puntos e 2.9 asistencias. Os Red Claws retiveron os dereitos de West por si volvía á D-League.West leaves Claws for home Portland Press Herald, 24 de marzo de 2011 O 31 de marzo de 2011, os New Jersey Nets ofrecéronlle un contrato de 10 días.Nets sign G Mario West, waive Quinton Ross USA Today, 31 de marzo de 2011 O 4 de abril de 2011, os Nets lle ficharon para os restantes tres partidos da tempada.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Nados en Huntsville Categoría:Nados en 1984