A casa das dagas voadoras (en , pinyin Shí miàn mái fú) é un filme de xénero wuxia do ano 2004, dirixida por Zhang Yimou. Estreouse en galego na TVG o 19 de setembro de 2008.
Sinopse Corre o ano 859 a.C. e a dinastía chinesa Tang, outrora poderosa, entrou en decadencia. O malestar esténdese por todo o país, e o corrupto goberno ten que enfrontarse en todas partes con exércitos rebeldes. O máis poderoso é o da "Casa das Dagas Voadoras", que se está a facer cada vez máis forte grazas a un novo e misterioso líder. Dous capitáns, Leo e Jin, reciben a orde de capturalo e para iso artellan un minucioso plan. O capitán Jin finxe ser un guerreiro solitario chamado Vento e saca da cadea á revolucionaria cega Mei, que o levará ata o cuartel xeral da Casa das Dagas Voadoras, pero durante a viaxe, Jin e Mei namóranse profundamente.
Personaxes Andy Lau como Capitán Leo Zhang Ziyi como Mei Takeshi Kaneshiro como Capitán Jin Song Dandan como Yee
Galardóns e nomeamentos 2004: Nomeada ó Oscar: Mellor fotografía (Zhao Xiaoding). 2004: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor película de fala non inglesa. 2004: 9 nomeamentos ós BAFTA, incluíndo mellor son, vestiario, efectos especiais. 2004: National Board of Review: Mellor deseño de produción.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 77ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes dirixidos por Zhang Yimou Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes wuxia Categoría:Filmes ambientados na dinastía Tang Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego