A tempada 2002-2003 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 36 da máxima categoría do rugby en España. A liga comezou o 29 de setembro de 2002 e rematou o 25 de maio de 2003. Ó remate do campionato, a vitoria final foi para Club de Rugby El Salvador por terceira vez na súa historia.

O Moraleja Alcobendas Rugby Union foi o responsable de defender do título logrado na anterior tempada, agora co nome Club Alcobendas Rugby. Os dous novos equipos na categoría foron un antigo campión como Valencia RC e un debutante como RC L'Hospitalet, que ocuparon os lugares que deixaron os descendidos Getxo RT e CR Ciencias.

Equipos Equipo EstadioCidadeCanoe UCM Valle de las CañasMadridClub Alcobendas Rugby Campo das TerrazasAlcobendasClub de Rugby El Salvador Campos de Pepe RojoValladolidRugby Club L'Hospitalet Feixa LlargaL'Hospitalet de LlobregatCAU Valencia Campos do Río TuriaValenciaCD Universidad de Sevilla Campo de San PabloSevillaValencia Rugby ClubCampos do Río TuriaValenciaClub de Rugby Cisneros Estadio Central ComplutenseMadridValladolid Rugby Asociación Club Campos de Pepe RojoValladolidUnió Esportiva Santboiana Baldiri AleuSant Boi de Llobregat

Clasificación

Tempada 2002-2003 da Liga Española de rugbyEquipoPuntosXogadosGañadosEmpatesPerdidos 1 El Salvador36 18 18 0 0 2 Alcobendas 28 18 14 0 4 3 VRAC 28 18 14 0 4 4 Canoe UCM 22 18 11 0 7 5 Santboiana 16 18 8 0 10 6 Univ.Sevilla 16 18 8 0 10 7 Valencia RC 12 18 6 0 12 8 L'Hospitalet 10 18 5 0 13 9 CAU Valencia 8 18 4 0 14 10 Cisneros 4 18 2 0 16A vitoria vale 2 puntos e o empate 1.

<<<< 2001/02 — Tempadas — 2003/04 >>>><noinclude>

Datos finais do campionato:

CR El Salvador conseguiu o campionato nacional de liga, con 36 puntos en 18 xornadas, gañando tódolos encontros. Foi o 3º título de liga para o club. Os dous últimos clasificados, CAU Valencia e CR Cisneros, descenderon de categoría ó remate da tempada. Os equipos Getxo RT e Bera Bera RT, acadaron nesta tempada o ascenso para competir na edición 2003-04 da División de Honra.

Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 2002-03

Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Clasificación final da liga publicada en El Mundo Deportivo

Categoría:Rugby en 2003 Categoría:División de Honra de Rugby