Mulan é un filme de animación de Disney dirixido por Tony Bancroft e Barry Cook que se estreou no 1998. O filme baséase na lenda chinesa de Hua Mulan.

Sinopse Mulan, unha rapaza chinesa filla única da familia Fa, en lugar de buscar noivo, como as súas amigas, trata por tódolos medios de alistarse no exército imperial para evitar que o seu ancián pai sexa chamado a filas para defender ó Emperador do acoso dos Hunos. Cando o emisario imperial leva a cabo a orde de recrutar ós homes de tódalas familias, Mulan faise pasar por soldado e sométese a un duro adestramento ata facerse merecedora do aprecio e da confianza do resto do seu batallón.

Personaxes (Voces de dobraxe) Ming-Na como Fa Mulan Eddie Murphy como Mushu BD Wong como Capitán Li Shang Miguel Ferrer como Shan Yu Harvey Fierstein como Yao Gedde Watanabe como Ling Jerry Tondo como Chien-Po James Hong como Chi-Fu Soon-Tek Oh como Fa Zhou June Foray como Avoa Fa Pat Morita como O emperador da China George Takei como Primeiro Antergo Freda Foh Shen como Fa Li James Shigeta como Xeneral Li Frank Welker como Cri-Kee, Khan (cabalo de Mulan), e Pequeno Irmán (can de Mulan) Mary Kay Bergman como Varios Antergos

Galardóns e nomeamentos 1998: Nomeada ó Oscar: Mellor BSO para película de comedia. 1998: 2 nomeamentos ós Globos de Ouro: Mellor BSO, mellor canción orixinal. 1998: 10 premios Premios Annie, incluíndo mellor película, dirección, guión. 12 nomeamentos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes de artes marciais Categoría:Filmes ambientados na dinastía Han